Saltar ao contido

Justo Rodríguez Alba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJusto Rodríguez Alba
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1833 Editar o valor en Wikidata
Burgos, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de setembro de 1899 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Mondoñedo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro, escritor, xornalista Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1420452

Justo Rodríguez Alba, nado en Burgos o 27 de outubro de 1833 e finado en Mondoñedo o 24 de setembro de 1899, foi un enxeñeiro, xornalista e escritor español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Pedro Rodríguez, natural de Ribadeo, e de Micaela de Alba. Criouse en Mondoñedo, onde estudou Latín e Humanidades, Filosofía e Teoloxía no Seminario de Mondoñedo de 1845 a 1852. Estudou despois Enxeñería de Camiños, Portos e Canais na escola de axudantes de enxeñeiros. Foi representante da compañía inglesa Tharsis en Huelva. Foi funcionario do Estado desempeñándose como enxeñeiro en varias provincias de 1861 a 1865. Colaborou en El Eco Mindoniense. En febreiro de 1887 foi nomeado encargado da dirección técnica dos traballos da canle de Isabel II.[1]

  • ¿Religión ó fanatismo? Drama en tres actos y en prosa, 1886.
  • Un diente, 1886.
  • Lucubraciones psico-físicas, 1892.
  • Tipos originales. Pasacalle cómico en un acto y en verso, 1892.
  1. El escritor y poeta don Justo Rodríguez Alba, El Progreso, 30-12-1949, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]