Judith Chapman
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Judith Shepard 15 de novembro de 1951 (73 anos) Greenville, Estados Unidos de América (pt) |
Actividade | |
Ocupación | actriz de teatro, actriz, actriz de televisión, actriz de cinema |
Período de actividade | 1967 - |
Familia | |
Irmáns | Patty Shepard |
|
Judith Chapman, nada Judith Shepard o 15 de novembro de 1951 en Greenville, é unha actriz estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Chapman, filla do xeneral da Forza Aérea dos Estados Unidos de América Leland Shepard, é coñecida por actuar desde mediados da década de 1970 en varios seriais estadounidense, o seu primeiro papel foi o de "Natalie Bannon Hughes" en As the World Turns entre 1975 e 1978. Outras interpretacións foron a de Charlotte Greer en Ryan's Hope (1983), Ginny Blake Webber en General Hospital (1984-1986), Sandra Montaigne en One Life to Live (1987), Anjelica Deveraux Curtis en Days of our Lives (1989-1990, 1991) e desde 2005 interpreta a Gloria Abbott Bardwell en The Young and the Restless. Tamén traballou no cine, como en The Sweetest Thing (2002).