Saltar ao contido

Juan Bautista Trúpita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Bautista Trúpita

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Juan Bautista Trupita Jiménez Cisneros Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de agosto de 1815 Editar o valor en Wikidata
Huércal-Overa, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de xuño de 1873 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Valdeolivas, España (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Senador de España
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Moderado Editar o valor en Wikidata

Juan Bautista Trúpita Jiménez Cisneros[1] nado en Huércal-Overa (provincia de Almería), o 13 de agosto de 1815[2][3] e finado en Valdeolivas (provincia de Cuenca), o 14 de xuño de 1873[4], foi un facendista e político español, ministro de Facenda e gobernador do Banco de España.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como oficiais do Ministerio de Agricultura, marchou con José Magaz y Jaime en 1848, como bolseiros, a Francia, a Bélxica e a Inglaterra para estudar as bases da ciencia estatística[5]. Xunto con Carlos Ibáñez e Ibáñez de Ibero (Marqués de Mulhacén), Emilio de Santos (promotor da Revista General de Estadística) e outros liberais, contribuíu a modernizar os estudos de estatística en España[6]. Posteriormente pasou ao Ministerio de Facenda, onde foi nomeado director xeral de Contribucións (orde do 16 de abril de 1850)[7] e chegaría a ser ministro[8] en 1864.

En 1855, laiouse da imposibilidade de realizar un catastro por mor da pobreza do tesouro público, que impediu a asignación de fondos para esta tarefa[9]. Interveu na preparación da Estatística administrativa da Dirección xeral de Contribucións de 1855.

Vida política

[editar | editar a fonte]

Dende 1857, foi deputado por Cuenca durante varias lexislaturas polo que, en 1864, foi nomeado senador vitalicio (até 1868)[10], ano no que exerceu durante uns meses, dende o 17 de xaneiro até o 1 de marzo, o cargo de ministro de Facenda. A partir de xullo de 1866 e até outubro de 1868, foi gobernador do Banco de España.

  1. O seu nome aparece na bibliografía indistintamente coas grafías «Trupita»/«Trúpita» y «Jiménez»/«Giménez»
  2. "Ficha do Senado: partida de nacemento". senado.es. Consultado o 15-08-2017. 
  3. García Asensio, Enrique (1910). Historia de la villa de Huérical-Overa y su comarca. Vol. III. p. 216. 
  4. Ministerio de Hacienda (2003)., p.112-113
  5. Madoz, Pascual (1848). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de ultramar. Tomo I (3ª ed.). Madrid. p. XVIII. 
  6. Villarejo Ramírez, Carmen (2014). "La Revista General de Estadística (1862-1866)". En Arribas Macho, José María; Barbut, Marc. Estadística y sociedad (edición electrónica). UNED. ISBN 978-84-362-6882-9. 
  7. Boletín oficial del Ministerio de Hacienda (1º semestre 1850), vol I, Imprenta Nacional. Madrid. p.597
  8. Sánchez-Lafuente Fernández, Juan (1973). "Historia de las Estadística como ciencia en España". Estadística Española (58-61): 15–163. ISSN 2254-9390. 
  9. Vallejo Pousada, Rafael (2010), p.87
  10. "Ficha do Senado de Juan Bautista Trupita". senado.es. Consultado o 15-082017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]