Saltar ao contido

José Iglesias Fernández Dopazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Iglesias Fernández Dopazo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de decembro de 1931 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Oxford Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista, sociólogo Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMiren Etxezarreta Editar o valor en Wikidata

José Iglesias Fernández Dopazo, nado o 27 de decembro de 1931 en Ourense, é un economista crítico, moi vinculado aos movementos sociais barceloneses e membro fundador do Seminari d'Economia Crítica Taifa (1995-2018). Tamén é membro da Mesa Cívica da Renda Básica, da asociación EcoConcern e, ademais, pertence ao colectivo Baladre. Dedicouse sobre todo ao estudo e divulgación da renda básica.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Economia e Ciencias Sociais na Universidade de Oxford e na London School of Economics.

Casou coa economista vasca Miren Etxezarreta,con quen ten un fillo.

  1. "El autor - Jose Iglesias Fernández". www.rentabasica.net. Consultado o 2023-04-09. 
  2. "José Iglesias Fernández – Akal". www.akal.com. Consultado o 2023-04-09.