José Mariano Abizanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Mariano Abizanda
Lugar de nacementoFerrol
Falecemento12 de agosto de 1901
Lugar de falecementoFerrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico, xornalista e mariño
Na rede
Galiciana: 15270
editar datos en Wikidata ]

José Mariano Abizanda San Martín, nado en Ferrol e finado na mesma cidade o 12 de agosto de 1901,[1] foi un mariño, político e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai foi alcalde de Ferrol en 1852. Capitán da Mariña Mercante na súa xuventude, abandonou a mariña para dedicarse aos negocios. Fundou en 1878 en Ferrol o xornal El Correo Gallego. Foi alcalde de Ferrol dende o 27 de decembro de 1890 ata o 24 de xullo de 1891. Foi deputado provincial.


Predecesor:
Francisco Bellas Uría
 
Alcalde de Ferrol
 
1890 - 1891
Sucesor:
Ricardo González Cal

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Idea Moderna, 14-8-1901, p. 2.