José López Quintela
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xaneiro de 1897 O Saviñao, España |
Morte | 26 de decembro de 1985 (88 anos) Monforte de Lemos, España |
Alcalde do Saviñao | |
1940 – 1946 ← Manuel Figueiras Martínez – Guillermo González Martínez → | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
José López Quintela, nado no Saviñao o 17 de xaneiro de 1897,[1] e finado en Monforte de Lemos o 26 de decembro de 1985, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre nacional en Escairón. Na República foi dirixente de Unión de Derechas y Agrarios do Saviñao, vinculado á CEDA.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde do Saviñao nos anos corenta. Finou en Monforte de Lemos o 26 de decembro de 1985.[3]
Predecesor: Manuel Figueiras Martínez |
Alcalde do Saviñao 1940 - 1946 |
Sucesor: Guillermo González Martínez |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Matilde Fernández Rodríguez e foi pai de Gloria, Mario, Sara, José, María Paz, María Teresa, Enrique, Jesús, Josefina, Marta, Rosendo e María del Carmen López Fernández.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Souto Blanco, María Jesús (2003). "Una «revuelta de hambre» en la Galicia del primer franquismo: O Saviñao" (PDF). Pasado y Memoria. Revista de Historia Contemporánea (2): 6–7.