Saltar ao contido

José Eusebio Calviño Juncal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Eusebio Calviño Juncal
Biografía
Nacemento12 de agosto de 1901 Editar o valor en Wikidata
Mogor, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de xaneiro de 1927 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaviador, militar Editar o valor en Wikidata

José Eusebio Calviño Juncal, nado en Mogor (Marín) o 12 de agosto de 1901 e finado en Barcelona o 24 de xaneiro de 1927, foi un aviador galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fixo o servizo militar e reenganchou ingresando na Aeronáutica Naval. Con 22 anos, sendo contramestre, presentouse ás oposicións para a Aviación Naval. Superadas as probes converteuse en aviador. Participou na guerra de Marrocos e en arriscadas probas de adestramento aéreo. Finou cando pilotaba o hidroavión F-16J que realizaba exercicios no mar de Barcelona caeu en barrena afundindo entre a escollera e os viveiros.[1][2]

  1. El Ideal Gallego, 26-1-1927, p. 2.
  2. Galicia Nueva, 28-1-1927, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]