Jonatan Giráldez
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 27 de novembro de 1991 (32 anos) Priegue, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Jonatan Giráldez Costas, nado en Priegue (Nigrán)[1][2][3] o 27 de novembro de 1991, é un preparador físico e adestrador de fútbol galego. Desde xullo de 2021 é o adestrador do Washington Spirit, da National Women's Soccer League dos Estados Unidos. Adestrou durante tres anos o FC Barcelona Feminino, co que gañou un total de 10 títulos, entre eles tres ligas de Primeira División e dúas Liga de Campións. Con el no banco, o club catalán dominou de xeito esmagador o campionato de liga, cun balance total de 87 vitorias, dous empates e unha soa derrota en 90 partidos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol en equipos vigueses como o Matamá, o Sárdoma, o Coruxo ou o Areosa, pero pronto comezou a decantarse pola carreira de adestrador.[4] En 2012 mudouse a Barcelona para realizar estudos en torno á preparación física e o deporte.[5]
Os seus primeiros pasos foron como analista e preparador físico na canteira do Espanyol, concretamente no equipo cadete. Máis tarde ingresou como preparador físico na Federación Catalá de Fútbol, onde axiña pasou a ocupar o posto de segundo adestrador e seleccionador das seccións femininas sub-16 e sub-19.[6] O primeiro equipo que dirixiu foi a selección catalá masculina sub-12.[6]
Axudante de Cortés
[editar | editar a fonte]Posteriormente incorporouse ao corpo técnico de Lluís Cortés nas categorías inferiores do FC Barcelona, e en xaneiro de 2019 chegou con el ao primeiro equipo feminino trala destitución de Fran Sánchez.[7] Traballou durante as seguintes tres tempadas como axudante de Cortés e tivo un papel importante na planificación dos adestramentos e no deseño de estratexias.[5] Durante esa época, o equipo barcelonés recuperou o seu mellor nivel, gañando de novo os títulos de liga e Copa da Raíña, ademais de acadar a súa primeira final da Liga de Campións en 2019, onde caeu ante o Olympique de Lión.[4] Na tempada 2020/21 o equipo realizou a mellor campaña da súa historia ata entón, gañando o triplete de Liga, Copa da Raíña e Liga de Campións.[8]
Adestrador do FC Barcelona
[editar | editar a fonte]Trala dimisión de Lluís Cortés no banco do Barça o 2 de xullo de 2021,[9] Giráldez foi anunciado oficialmente como novo adestrador do equipo, asinando por unha tempada,[10] levando consigo a Rafael Navarro como segundo técnico.[10][11] Debutou como adestrador do club catalán nun partido amigable ante o Elche CF, que se saldou cunha esmagadora vitoria por 17-0.[12] Catro días despois goleou por 6-0 á Juventus na primeira edición feminina do Trofeo Joan Gamper.[13]
Durante a súa primeira tempada como adestrador principal dominou de xeito absoluto o campionato de liga, gañando os 30 partidos con 159 goles a favor (unha media de máis de cinco goles por partido) e só 11 en contra.[14] O equipo catalán, no que destacaban xogadoras como Alexia Putellas, Asisat Oshoala, Lieke Martens, Jennifer Hermoso ou Caroline Hansen, gañou tamén a Supercopa de España, na que goleou na final ao Atlético de Madrid por 7-0, e acadou ademais a final da Liga de Campións, caendo por 1-3 ante o Olympique de Lión no partido celebrado no Juventus Stadium de Turín.[15] Por último, gañou a Copa da Raíña, derrotando na final ao Sporting de Huelva, e dominou así de xeito absoluto as competicións nacionais.[16]
Na tempada 2022/23 o equipo de Giráldez volveu conquistar o título de liga de xeito asoballante, con 28 vitorias en 30 partidos e despois de encaixar só 10 goles durante a competición.[17] Chegou de novo á final da Liga de Campións, onde se enfrontou ao VfL Wolfsburg. O encontro, celebrado no Philips Stadion de Eindhoven, comezou co domino do club alemán, que se adiantou con dous goles na primeira parte. Con todo, o Barcelona conseguiu darlle a volta ao marcador no segundo tempo, con dous goles de Patri Guijarro e outro de Fridolina Rolfö.[18] Foi a segunda Champions para o club e o terceiro título da tempada, despois de gañar tamén a Supercopa de España. En outubro de 2023 acudiu á gala do Balón de Ouro, onde recolleu o premio ao mellor club feminino do ano.[19]
Pouco despois anunciou que a tempada 2023/24 sería a súa última campaña no Barcelona, club que abandonaría para iniciar unha nova etapa noutro continente. Despediuse do club catalán con outra actuación histórica, conquistando catro títulos (liga, Copa da Raíña, Supercopa de España e Liga de Campións). Gañou a liga de novo de xeito invicto, mentres que na final europea derrotou ao Olympique de Lión, sendo a primeira vez que o club catalán derrotaba ás francesas.[20]
Washington Spirit
[editar | editar a fonte]En xullo de 2024 converteuse no novo adestrador do Washington Spirit, da National Women's Soccer League dos Estados Unidos.[21]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- FC Barcelona Feminino
- Primeira División (3): 2021/22, 2022/23, 2023/24.
- Copa da Raíña (2): 2021/22, 2023/24.
- Supercopa de España (3): 2022, 2023, 2024.
- Liga de Campións (2): 2022/23, 2023/24.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (2021-07-03). "El nigranés Jonatan Giráldez, nuevo entrenador del Barça Femenino". ValmiñorTV (en castelán). Consultado o 2023-12-19.
- ↑ N.P (2022-04-04). "Jonatan Giráldez y Bolos da Carrasca, los mejores". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-12-19.
- ↑ Juan A. González, Alcalde de Nigrán (12 Maio de 2022). Agradecemento de Jonatan Giráldez polo Premio Nigrán de 2022 (Facebook).
- ↑ 4,0 4,1 Álvarez, Armando (16 de febreiro de 2021). "Dentro de la máquina perfecta". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 Pérez, Ángel (2 de xullo de 2021). "Giráldez, un vigués premiado por su trabajo y constancia". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 Álvarez, Juan Carlos (3 de xullo de 2021). "El vigués Jonathan Giráldez entrenará al Barcelona femenino". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2022.
- ↑ Soria, Miki (27 de xaneiro de 2019). "Lluís Cortés: "Ojalá pueda quedarme en el Barça muchos años"" (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2022.
- ↑ Álvarez, Armando (18 de xullo de 2021). "Jonathan Giráldez, un vigués en la cima". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2022.
- ↑ Villarrubia, Begoña (1 de xullo de 2021). "Este viernes se anunciará el nuevo técnico del Barça femenino: Giráldez, el elegido". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2022.
- ↑ 10,0 10,1 Domènech, Joan (2 de xullo de 2021). "Jonathan Giráldez, nuevo entrenador del Barça femenino" (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2022.
- ↑ Jiménez, Mayca (2 de xullo de 2021). "Jonatan Giráldez entrenará al Barcelona en esta temporada". As (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2022.
- ↑ Gascón, Javier (4 de agosto de 2021). "17-0: el nuevo Barça femenino de Giráldez arranca sin piedad". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2022.
- ↑ Martí, Anaïs (8 de agosto de 2021). "El Barça debuta en el Gamper goleando a la Juventus". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2022.
- ↑ "EL FC Barcelona Femenino completa la liga perfecta" (en castelán). 16 de maio de 2022. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2022. Consultado o 26 de maio de 2022.
- ↑ "El Barça revive en Turín la pesadilla de Budapest" (en castelán). 21 de maio del 2022. Consultado o 26 de maio de 2022.
- ↑ "El Barça femenino conquista la Copa de la Reina y sella el triplete nacional" (en castelán). 29 de maio de 2022. Consultado o 4 de xuño de 2023.
- ↑ "Un Barcelona imbatible logra su cuarta Liga consecutiva". El País (en castelán). 30 de abril de 2023. Consultado o 4 de xuño de 2023.
- ↑ "¡CAMPEONAS! Un Barça Femení histórico remonta y gana su 2ª Champions League (3-2)" (en castelán). 3 de xuño de 2023. Consultado o 4 de xuño de 2023.
- ↑ L. Igual, Beatriz (31 de outubro de 2023). "Un vigués en la gala del Balón de Oro 2023". Atlántico Diario (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2023.
- ↑ "Barcelona 2–0 Olympique de Lyon: Bonmatí y Putellas desatan la locura en el ‘San Mamés azulgrana’ para darle al Barça su tercera Champions" (en castelán). 25 de maio de 2024. Consultado o 24 de setembro de 2024.
- ↑ "Jonatan Giráldez se estrena a lo grande con el Washington Spirit". Mundo Deportivo (en castelán). 7 de xullo de 2024. Consultado o 24 de setembro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do adestrador no sitio web do FC Barcelona (en castelán).