Saltar ao contido

Javier Cárdenas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJavier Cárdenas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Francisco Javier Cárdenas Pérez Editar o valor en Wikidata
18 de maio de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentador de televisión, director de cinema, actor de televisión, locutor, guionista Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesAlfonso Arús, cunhado Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0962157 Facebook: CardenasEuropa Twitter: _javiercardenas Instagram: _javiercardenas BNE: XX1481751 Editar o valor en Wikidata

Francisco Javier Cárdenas Pérez[1], nado en Barcelona, o 18 de maio de 1970, é un presentador de televisión, cantante e locutor de radio español.

Con tan só nove anos de idade comeza a traballar na radio no programa Peques Unic de Radio Juventud. Ós 16 anos comeza a retransmitir partidos de fútbol en Antena 3 Radio.

Tamén colaborou no espazo Arús con leche dirixido polo seu cuñado Alfonso Arús, esposo da súa irmá María de los Ángeles (Angie).

De 1990 até 1995 encárgase de retransmitir partidos de fútbol, tanto en Radio Club 25 como para M80 Radio (da Cadea SER).

No ano 1997 dirixe e presenta Segundos Fuera, en Radio España. Alí realizábanse multitude de sketches radiofónicos, coas voces dos principais personaxes deste país. Algo parecido faría máis tarde no programa Al ataque, de Onda Rambla, onde facía un repaso acedo, e en clave de humor, sobre as novas máis destacadas da semana.

Dende o ano 2006 dirixe e presenta o programa Atrévete, en Cadena Dial, xunto a MJ Aledón, Isidro Montalvo, Roberto Alcaraz, Luis Rollán entre outros. Segundo o Estudio General de Medios (EGM) o programa Atrévete foi o segundo matinal con máis crecemento en España.[2]

En 2008, foi galardoado co Premio Ondas á innovación radiofónica por combinar información, humor e entretemento, organizando un cruceiro no que durante unha fin de semana realizou radio en vivo, con actuacións musicais e concursos, coa participación en directo dos oíntes, e a convivencia dos comunicadores e artistas coa audiencia.[3][4]

  1. "Boletín Oficial del Estado" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de setembro de 2017. Consultado o 27 de abril de 2017. 
  2. "Atrévete, programa dirigido por Javier Cárdenas, segundo matinal con mayor crecimiento en España". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2016. Consultado o 27 de abril de 2017. 
  3. "Premios Ondas". www.premiosondas.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2022. Consultado o 2022-04-14. 
  4. Javier Cárdenas y el premio Ondas 2008 a la innovación radiofónica