JSSW
Aparencia
JSSW (Ji Shu Shiyan Weixing), tamén coñecidos como CK (Chang Kong) e como Proxecto 701, foi unha serie de satélites experimentais chineses.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]A finalidade exacta dos satélites JSSW non se coñece, pero eran probablemente demostradores tecnolóxicos. A ausencia de emisións de radio desde os satélites cando sobrevoaban territorios non chineses levou a especular con que tivesen unha finalidade militar, cos satélites só emitindo datos ás estacións chinesas. Ningún dos satélites manobrou mentres estivo en órbita. Lanzáronse seis satélites JSSW, todos mediante foguetes Feng Bao 1, dos cales so tres chegaron a órbita.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
JSSW 1a | 18 de setembro de 1973 | FB-1 | Fallo |
JSSW 1b | 12 de xullo de 1974 | FB-1 | Fallo |
JSSW 1 | 26 de xullo de 1975 | FB-1 | Éxito |
JSSW 2 | 16 de decembro de 1975 | FB-1 | Éxito |
JSSW 3 | 30 de agosto de 1976 | FB-1 | Éxito |
JSSW 4 | 10 de novembro de 1976 | FB-1 | Fallo |