Irene D. Long
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de novembro de 1950 Cleveland, Estados Unidos de América |
Morte | 4 de agosto de 2020 (69 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Wright State University (en) |
Actividade | |
Ocupación | médica |
Premios
|
Irene Duhart Long, nada en Cleveland o 16 de novembro de 1951 e finada o 4 de agosto de 2020, foi unha doutora estadounidense funcionaria da Administración Nacional de Aeronáutica e do Espazo (NASA) dos Estados Unidos.[1] Foi a primeira muller directora do departamento médico do Centro Espacial John F. Kennedy.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Irene Duhart Long era filla de Andrew e Heloweise Davis Duhart. Graduouse no East High School en Cleveland e obtivo a súa licenciatura en bioloxía da Northwestern University en 1973. Inscribiuse na Escola de Medicina da Universidade de San Luís e obtivo o seu título en 1977. Continuou con residencias na Clínica Cleveland, o Hospital Monte Sinai de Cleveland e a Wright State University de Dayton, Ohio, onde recibiu a súa Mestría en Ciencias en Medicina aeroespacial.[2]
Long comezou a traballar como médico para a Administración Nacional de Aeronáutica e do Espazo (NASA) en 1982.[3] Foi nomeada directora da Oficina de Investigación e Operacións Biomédicas no Centro Espacial John F. Kennedy en 1994.[4] Recibiu o nomeamento de directora médica e directora asociada de Servizos de Porto Espacial no ano 2000. Retirouse á idade de 63 anos e foi sucedida por David Tipton en 2013.[5] Traballou para a NASA durante 31 anos.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- 1986 - Kennedy Space Center Federal Woman of the Year Award
- 1995 - Society of NASA Flight Surgeons Presidential Award
- 1998 - Women in Aerospace Outstanding Achievement Award
- 2001 - Ohio Women’s Hall of Fame
- 2005 - Lifetime Achievement Award, Women of Cor Technology Awards Conference[6]
- 2010 - Strughold Award, Space Medicine Association[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Cawley, Jim (20 de agosto de 2020). "Dr. Long Remembered as a Trailblazer at NASA’s Kennedy Space Center" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2020.
- ↑ Redacción (1997). "Physician of Color Highlight" (PDF) (en inglés) 1 (marzo de 1997): 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de agosto de 2003. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ Redacción (setembro de 1984). "Dr. Irene Long: a pioneer in aerospace medicine" 39 (9): 61–63.
- ↑ Redacción (1 de agosto de 1994). "Irene Duhart Long, M.D. Named Director, Biomedical Operations and Research Office at the Kennedy Space Center". NASA. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2011. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ Siceloff, Steven (8 de marzo de 2013). "ISS may provide clues in Alzheimer's fight" (PDF). Spaceport News 53 (6). p. 10. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de febreiro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ Redacción (primaveira de 2006). "Class Notes" (PDF) (en inglés) 32 (2). St. Louis, Misuri: St. Louis University: 26. OCLC 37135294. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de outubro de 2006. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ Redacción (agosto de 2010). "Space Medicine Association News: Other SMA Awards". ASMA News (en inglés). Aerospace Medical Association. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2012. Consultado o 19 de abril de 2021.