Saltar ao contido

Intersistema cultural

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un intersistema cultural é un conxunto de sistemas que comparten materiais e normas comúns na súa produción cultural, de maneira que os elementos que os compoñen sexan suficientes para seren interpretados como singulares en relación a outros sistemas e alicercen fluxos relativamente importantes entre si[1].

O teórico estoniano Naftoli Bassel fala de sistema interlitario, entendendo este concepto como un conxunto de áreas internacionais que comparten espazos lingüísticos, étnicos ou políticos comúns. Así, o prefixo inter reflicte a forte cohesión cultural entre os sistemas asociados[2]. Este concepto tamén pode relacionarse co de polisistema, no sentido en que Itamar Even-Zohar o utiliza (rede de produtores, consumidores, produtos, institucións, mercados e repertorios que configuran a vida literaria [3]).

Os intersistemas poden modificar o peso dos elementos que os relacionan, modificar o número e a calidade dos seus compoñentes, desaparecer ou xurdir segundo diversas circunstancias e posuír factores que, sen seren os precisos e suficientes para o mantemento do intersistema, funcionen tamén como vertebradores de maior ou menor importancia [4].

  1. É neste sentido como Elias Torres Feijó e o Grupo Galabra, que el coordina, entenden este concepto, a partir de Naftoli Bassel. Cfr. Torres Feijó, E. J. (2014), “Estudos da literatura e da cultura no âmbito da língua portuguesa e diplomacia da cultura: carências e possibilidades” in Signótica, p. 168. e Grupo Galabra, dispoñible en http://www.grupogalabra.com/, [Consultado o 17/12/2014]
  2. Casas, Arturo (2003): "Sistema interliterario y planificación historiográfica a propósito del espacio geocultural ibérico", Interlitteraria, 8, p. 88.
  3. Even-Zohar, I. (1990). "Polysystem Theory", Poetics Today, 11, pp. 27-96.
  4. Torres Feijó, E. J. op.cit., p. 164.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Artigos relacionados

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]