Instituto de Nutrición y Tecnología de los Alimentos José Mataix
Instituto de Nutrición y Tecnología de los Alimentos José Mataix | |
---|---|
Tipo | instituto |
Nomeado en referencia a | José Mataix Verdú |
Sede | Granada |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Instituto de Nutrición y Tecnología de los Alimentos José Mataix é un instituto tecnolóxico adscrito á Universidade de Granada.
Descrición
[editar | editar a fonte]O Instituto de Nutrición e Tecnoloxía dos Alimentos José Mataix, sitúase no Centro de Investigación Biomédica (CIBM) do Parque Tecnolóxico de Ciencias da Saúde de Granada xunto con outros Institutos de Investigación, Grupos de Investigación de excelencia e o Banco de liñas celulares. Na súa orixe instituíuse en Escola de Nutrición da Universidade de Granada no ano 1968.
Por mor da posterior implantación dos Graos de Nutrición e o de Tecnoloxía dos Alimentos, a Escola transformouse no que hoxe é o Instituto de Nutrición e Tecnoloxía dos Alimentos (INYTA), creado en 1989 polo catedrático de Fisioloxía da Universidade de Granada, o doutor José Mataix Verdú.
Establecido como Instituto de Nutrición e Tecnoloxía dos Alimentos (INYTA)[1], como Instituto Universitario de Investigación propio da Universidade de Granada, confórmano case medio cento de investigadores distribuídos nas áreas de Bioloxía celular, Bioloxía molecular, Bioquímica, Didáctica das Ciencias Experimentais, Enxeñería química, Fisioloxía, Microbioloxía, así como Nutrición e Bromatoloxía.
Actividade
[editar | editar a fonte]O seu labor de investigación céntrase tanto na Nutrición Humana como na Tecnoloxía dos Alimentos. Pola súa natureza de Instituto Universitario imparte formación de Posgrao en Nutrición e Tecnoloxía dos Alimentos dentro do máster de Nutrición Humana. Doutra banda, a través de convenios e contratos de servizos, colabora coa industria alimentaria, asesoría e desenvolvo I+D.
Actualidade
[editar | editar a fonte]No 2008, tralo pasamento do doutor Mataix, considerado polos expertos como un referente da educación nutricional, pasaría a levar o nome o seu fundador[2].
Actualmente dispón dunha Unidade de Análise de Alimentos, dentro do CIBM, para ofrecer servizos de análise nutricional de alimentos e de seguridade alimentaria a empresas, institucións, centros de investigación públicos e privados, etc.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bienvenidos a la portada". winyta.ugr.es. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2018. Consultado o 2019-05-14.
- ↑ Aurelio Martín (2008-11-21). "José Mataix, catedrático de Fisiología y nutricionista". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-05-14.