Il'ya Muromets

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Il'ya Muromets
TipoBombardeiro
FabricanteRusso-Baltic Wagon Company
Deseñado porIgor Sikorsky

O Il'ya Muromets foi un bombardeiro cuadrimotor ruso usado durante a primeira guerra mundial. Foi deseñado por Igor Sikorsky e era o avión cuadrimotor máis grande na época. Era capaz de cargar unha bomba de tamaño considerable e de realizar misións de recoñecemento a distancias longas. Voou por vez primeira en 1913 e tivo bastante éxito durante a guerra. En tempo de paz reconverteuse para o seu uso civil. O nome Il'ya Muromets ven dun heroe ruso que segundo conta a lenda destruíu el só o exército tártaro.