Saltar ao contido

Igrexa de Cristo (Adén)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Cristo
Datos xerais
TipoIgrexa parroquial
LocalizaciónAdén, Iemen
Culto
CultoAnglicano
DioceseDiocese de Chipre e o Golfo
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Cristo é un templo parroquial da diocese de Chipre e o Golfo,[1] unha das catro dioceses da Igrexa episcopal en Xerusalén e Oriente Medio, localizado na cidade de Adén, no Iemen.

O templo foi cobstruído en 1863 como capela para as forzas armadas británicas de Adén, e permaneceu activo até 1970, cando foi expropiado polo goberno do Iemen do Sur, e foi empregado como almacén e como ximnasio.[2] En 1993 foi devolto á diocese logo das negociacións entre o bispo John Brown e as autoridades iemenís, cun acordo que levaba asociada a construción dunha clínica. Logo da restauración, o templo foi rededicado en 1997.[2]

Clínica Ras Morbat

[editar | editar a fonte]

A igrexa ten asociada unha clínica, a Clínica Ras Morbat, que proporciona atención sanitaria á poboación local máis empobrecida.[3] Ten especial presenza no ámbito oftalmolóxico, e o Departamento de Oftalmoloxía dela é colaborador asociado do ACNUR.[3] Tamén realiza unha labor formativa para a poboación local, funcionando como lugar de prácticas para a Facultade de Medicina da Universidade de Adén.[3]

  1. "The Gulf Archdeaconry". The Diocese of Cyprus and the Gulf (cypgulf.org) (en inglés). Consultado o 24/10/2018. 
  2. 2,0 2,1 "History". Christ Church Aden and The Ras Morbat Clinic (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13/02/2020. Consultado o 24/10/2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "The Ras Morbat Clinic". Christ Church Aden and The Ras Morbat Clinic (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27/04/2021. Consultado o 24/10/2018.