Homoloxía
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
Homoloxía pode referirse a:
- Homoloxía (bioloxía), características dos organismos biolóxicos que derivan dun antepasado común.
- Homoloxía de secuencias, semellanza nas secuencias entre proteínas ou entre ácidos nucleicos debido a unha orixe evolutiva común.
- Homoloxía profunda, a homoloxía que se dá en xenes de especies moi afastadas que determinan procesos de diferenciación de moitos órganos.
- Modelaxe de homoloxía, un método de predición da estrutura das proteínas.
- Homoloxía (antropoloxía), analoxía entre as crenzas humanas, prácticas ou artefactos debido a conexións históricas ou xenéticas.
- Homoloxía (química), relacións entre compostos nunha serie homóloga.
- Homoloxía (matemáticas), procedemento para asociar unha secuencia de grupos abelianos ou módulos cun obxecto matemático dado.
- Homoloxía (xeometría), relación dos lados que en cada unha de dúas ou máis figuras xeométricas semellantes están colocados na mesma orde.
- Homoloxía (psicoloxía), características de comportamento que teñen orixes comúns na súa evolución ou desenvolvemento.
- Homoloxía (socioloxía), "resonancia" estrutural entre os diferentes elementos que forman un conxunto sociocultural.
- Homoloxía bioquímica, relación de correspondencia que ofrecen entre si distintas moléculas ou algunha das súas partes, que teñen orixe e función semellantes.
Homólogo/a pode referirse a:
- Cromosomas homólogos, cromosomas do mesmo par das células diploides, que se recombinan na meiose.
- Xenes homólogos, xenes similares cun antepasado común.
- Recombinación homóloga, recombinación xenética entre cromosomas homólogos.
- Comportamentos homólogos, comportamentos típicos de especies que comparten un antepasado común que estaba caracterizado por ese comportamento OU comportamentos nun individuo que teñen unha orixe común no seu desenvolvemento.
- Desensibilización homóloga, a que se dá cando un receptor diminúe a súa resposta a unha molécula sinalizadora cando ese agonista está en alta concentración.
- Serie homóloga (química), serie de compostos orgánicos que teñen diferentes cantidades dunha unidade repetida.
- Temperatura homóloga, a temperatura dun material como unha fracción do seu punto de fusión absoluto.
- Eclipses homólogas, eclipses que teñen lugar na mesma lunación (numerada de 1 a 223) de ciclos de Saros consecutivos e en condicións case idénticas.
Homolóxico/a pode referirse a:
- Palabra homolóxica (ou autolóxica), palabra que expresa unha propiedade que posúe.
- Álxebra homolóxica, rama das matemáticas.
Homologación pode referirse a:
- Homologación, do grego "estar de acordo", para indicar a aprobación dun corpo sancionador.
- Homologación (deporte do motor), proceso de aprobación pola autoridade correspondente do modelo de coche/moto de uso oficial nas competicións.
- Reacción de homologación, reacción química que produce o seguinte membro lóxico dunha serie homóloga de compostos.