Hiato aniónico
Aparencia
O hiato aniónico[1], ou anion gap[2][3] en inglés é a diferenza entre os anións e os catións medidos no soro plasmático.
Adoita empregarse en medicina para tentar dilucidar a causa dunha acidose metabólica.
Fórmula bioquímica
[editar | editar a fonte]Malia que varios autores inclúen o ion potasio no cálculo do hiato aniónico, as concentracións baixas deste no soro fan que na actualidade estea aceptada a omisión deste polo anódino efecto que ten no resultado final. Así as cousas, a ecuación ficaría do seguinte xeito:[4]
- Anion GAP = [Na+] − ([Cl-] + [HCO3−])
Onde:
- [Na+] é a concentración sérica do ion sodio;
- [Cl-] é a concentración sérica do ion cloruro;
- [HCO3−] é a concentración sérica de bicarbonato.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Casas García, María. Servizo de Normalización Lingüística, ed. "Vocabulario de Medicina" (PDF). Consultado o 20 de maio de 2014.
- ↑ Oh M.S. and Carroll H.J. (1977). "The anion gap.". N.Engl J. Med. (en inglés) (297): 814–817.
- ↑ Gabow P.A., Kaehny W.D., Fennessey P.V.; et al. (1980). "Diagnostic importance of an increased serum anion gap.". N.Engl J. Med. (en inglés) (303): 854–858.
- ↑ Gamble, J (1950). Chemical Anatomy, Physiology, and Pathology of Extracellular Fluid. Harvard University Press.
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |