Hail to the King (álbum)
Hail to the King | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Avenged Sevenfold | ||||
Publicado | 2013 | |||
Gravación | 2012 - 2013 | |||
Xénero(s) | heavy metal | |||
Selo(s) | Warner Bros. Records | |||
Produtor | Mike Elizondo | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Hail to the King é o sexto álbum de estudio da banda americana Avenged Sevenfold, este foi producido por Mike Elizondo. É o primeiro álbum co seu novo batería Arin Ilejay, que se uniu á banda no 2011 para tocar nos concertos e no 2013 xa é recoñecido como membro oficial. Este tamén é o primeiro álbum sen ningunha participación do antigo membro The Rev.
Características
[editar | editar a fonte]A finais do 2012 a banda declara que comeza a traballar nun novo álbum que será publicado no 2013, este comeza a súa gravación na primeira metade do 2013. En xuño do 2013 anuncian que o sexto álbum de estudio sería publicado o 27 de agosto de 2013, co nome "Hail to the King"[1]. Segundo declaracións da banda, querían facer un álbum de metal clásico, cun son que recorda a bandas coma Black Sabbath ou Led Zeppelin[2].
Todas as letras das cancións foron escritas por M. Shadows agás St. James que foi escrita por Synyster Gates. St James é unha canción que se pode atopar na versión "deluxe" do álbum e é a única do álbum dedicada a The Rev. No álbum a banda transmite unha mensaxe coa canción, relacionándoa coa canción "So Far Away" do álbum Nightmare, esta é a seguinte:
"St. James" é a luz da escuridade de "So Far Away". "St. James" é a celebración do corazón e cor de Jimmy 'The Rev' Sullivan e debe ser escoitada coa túa bebida favorita!
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]- Shepherd of Fire - 5:22
- Hail to the King - 5:04
- Doing Time - 3:27
- This Means War - 6:09
- Requiem - 4:23
- Crimson Day - 4:57
- Heretic - 4:55
- Coming Home - 6:26
- Planets - 5:56
- Acid Rain - 6:38
A versión Deluxe do álbum contén ademais a canción "St James" (de duración 5:01) e o vídeo musical de "Hail to the King".
Singles
[editar | editar a fonte]O 15 de xullo de 2013 publícase o primeiro single de mesmo nome que o álbum "Hail to the King".
Créditos
[editar | editar a fonte]Avenged Sevenfold
[editar | editar a fonte]- M. Shadows - voz.
- Synyster Gates - guitarra líder, coros.
- Zacky Vengeance - guitarra rítmica, coros.
- Johnny Christ - baixo, coros.
- Arin Ilejay - batería.
Produción
[editar | editar a fonte]- Producido por Mike Elizondo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Anuncio Hail to the King REVOLVER Magazine
- ↑ "Entrevista Metal Hammer". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2013.