Gísela López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1968 (55/56 anos) Santa Cruz de la Sierra, Bolivia |
Minister of Communication (en) | |
23 de xaneiro de 2017 – 23 de xaneiro de 2019 | |
Actividade | |
Ocupación | política, xornalista |
Partido político | Movimento para o Socialismo (pt) |
Sitio web | giselalopez.wordpress.com |
Gisela Karina López Rivas, nada en Santa Cruz de la Sierra en 1968, é unha xornalista, activista e política boliviana. Foi Ministra de Comunicación de Bolivia do 23 de xaneiro de 2017 até o 23 de xaneiro de 2019, durante o terceiro goberno de Evo Morales. Foi tamén Viceministra de Autonomías Departamentais e Municipais de Bolivia do 18 de xuño de 2013 até o 2 de febreiro de 2015. Actualmente é considerada unha prófuga da xustiza boliviana pola súa implicación no coñecido como "Caso Neurona"[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou os estudos escolares en 1974 e obtivo o bacharel en 1985 na súa cidade natal. En 1986 matriculouse na carreira de comunicación social, e graduouse como xornalista en 1991. Durante 10 anos, López dedicouse á prensa escrita. Gisela tamén traballou na televisión e na radio, cun xornalismo crítico e de investigación. En 2004 recibiu o Premio Nacional de Xornalismo.
Viceministra de Autonomías Departamentais e Municipais (2013-2015)
[editar | editar a fonte]O 18 de xuño de 2013 a ministra de Autonomías Claudia Pena designou a Gisela López como a nova viceministra de Autonomías Departamentais e Municipais. Ocupou o cargo até o 2 de febreiro de 2015, substituída por Emilio Rodas.[2][3]
Ministra de comunicación de Bolivia (2017-2019)
[editar | editar a fonte]O 23 de xaneiro de 2017 o presidente Evo Morales nomeouna ministra de Comunicación de Bolivia, en substitución de Marianela Paco.[4]
Gisela López permaneceu dous anos ao mando do ministerio. Foi subsituída por Manuel Canelas o 23 de xaneiro de 2019.
O 22 de novembro fuxiu do país, despois de que se lanzase unha orde de captura por corrupción como parte do denominado "Caso Neurona".[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ https://www.lostiempos.com/actualidad/pais/20191224/exministra-gisela-lopez-procesada-caso-neurona-reaparece-junto-evo
- ↑ http://eju.tv/2015/02/rodas-asume-como-nuevo-vice-de-autonomias/
- ↑ "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2019. Consultado o 26 de xaneiro de 2019.
- ↑ https://www.eldia.com.bo/index.php?cat=1&pla=3&id_articulo=218446
- ↑ https://www.bolivia.com/actualidad/internacionales/gisela-lopez-huyo-del-pais-249448