Gísela López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gísela López
Gísela López en maio de 2019
Nacemento1968
Lugar de nacementoSanta Cruz de la Sierra
NacionalidadeBolivia
Ocupaciónpolítica e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Gisela Karina López Rivas, nada en Santa Cruz de la Sierra en 1968, é unha xornalista, activista e política boliviana. Foi Ministra de Comunicación de Bolivia do 23 de xaneiro de 2017 até o 23 de xaneiro de 2019, durante o terceiro goberno de Evo Morales. Foi tamén Viceministra de Autonomías Departamentais e Municipais de Bolivia do 18 de xuño de 2013 até o 2 de febreiro de 2015. Actualmente é considerada unha prófuga da xustiza boliviana pola súa implicación no coñecido como "Caso Neurona"[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou os estudos escolares en 1974 e obtivo o bacharel en 1985 na súa cidade natal. En 1986 matriculouse na carreira de comunicación social, e graduouse como xornalista en 1991. Durante 10 anos, López dedicouse á prensa escrita. Gisela tamén traballou na televisión e na radio, cun xornalismo crítico e de investigación. En 2004 recibiu o Premio Nacional de Xornalismo.

Viceministra de Autonomías Departamentais e Municipais (2013-2015)[editar | editar a fonte]

O 18 de xuño de 2013 a ministra de Autonomías Claudia Pena designou a Gisela López como a nova viceministra de Autonomías Departamentais e Municipais. Ocupou o cargo até o 2 de febreiro de 2015, substituída por Emilio Rodas.[2][3]

Ministra de comunicación de Bolivia (2017-2019)[editar | editar a fonte]

O 23 de xaneiro de 2017 o presidente Evo Morales nomeouna ministra de Comunicación de Bolivia, en substitución de Marianela Paco.[4]

Gisela López permaneceu dous anos ao mando do ministerio. Foi subsituída por Manuel Canelas o 23 de xaneiro de 2019.

O 22 de novembro fuxiu do país, despois de que se lanzase unha orde de captura por corrupción como parte do denominado "Caso Neurona".[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]