Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero
Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero é unha colección de once guías de diferentes disciplinas e ámbitos de coñecemento promovida e editada orixinalmente en catalán pola Xarxa Vives d’Universitats[1][2] e trasladada a lingua galega, no marco das iniciativas financiadas con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e desenvolvidas polas oficinas de igualdade do Sistema Universitario Galego (Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela e Oficina para a igualdade de Xénero da UDC).[3][4][5]
A colección, publicada conxuntamente polas tres universidades públicas galegas,[6] está formada polas seguintes guías:
- Ciencias da Computación[3]
- Dereito e Criminoloxía[5]
- Educación e Pedagoxía[3]
- Filoloxía e Lingüística[3]
- Filosofía[4]
- Física[4]
- Historia[5]
- Historia da Arte[5]
- Medicina[4]
- Psicoloxía[4]
- Socioloxía, Economía e Ciencia Política[5]
Con esta colección preténdese proporcionar material didáctico ao profesorado universitario, co fin de favorecer, facilitar e promover a inclusión da perspectiva de xénero nas materias que se imparten na educación superior galega.[4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Guías para una docencia universitaria con perspectiva de género". Mujeres con ciencia (en castelán). 2019-01-18. Consultado o 2020-12-26.
- ↑ Rodríguez-Jaume, María-José; Iglesias, Encina Calvo (2019). "Guías para una docencia con perspectiva de género". (Re)construíndo o coñecemento: A Coruña, 14 de xuño de 2019, 2019, ISBN 978-84-9749-758-9, págs. 297-302 (Universidade de Santiago de Compostela): 297–302. ISBN 978-84-9749-758-9.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Guías para una docencia universitaria con perspectiva de género". ruc.udc.es. Consultado o 2020-12-26.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero". www.usc.gal. Consultado o 2020-12-26.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 "Docencia e formación con perspectiva de xénero". www.uvigo.gal. Consultado o 2020-12-26.
- ↑ "Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2020-12-26.