Grupos de Acción Carlista
Aparencia
Grupos de Acción Carlista | |
---|---|
Tipo | organización armada |
Ideoloxía | Carlismo |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os Grupos de Acción Carlista (GAC) foron unha organización terrorista de carácter carlista que apareceu a fins da década de 1960 en España coa pretensión de premer ao carlismo para que adoptase un ideario socialista, mantivo relacións con ETA e desapareceron tras a adopción do socialismo autoxestionario polo Partido Carlista tras a celebración do seu III Congreso en 1972.
Atentados
[editar | editar a fonte]O 23 de agosto de 1970 cinco membros do GAC puxeron unha bomba na sede do xornal carlista de Pamplona El Pensamiento Navarro tras o cesamento de Javier María Pascual como director e a adopción dunha liña tradicionalista.
En 1971 os GAC asaltaron Radio Requeté de Pamplona, onde permaneceron media hora.