Gran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Gran, porción moi pequena dun corpo, xeralmente de forma arredondada. Cantidade mínima de calquera cousa.
  • Gran, semente dos cereais.
  • Gran, tipo de froito, cariópside.
  • Gran, lesión cutánea, que polo seu aspecto recorda a semente dos cereais, producida polo levantamento da epiderme a consecuencia da picadela dun insecto, dunha doenza, ou pola obstrución por sebo e queratina da canle do folículo piloso, a acne, aldroga, ampola, bocha, bóchega, bóldrega, borrecas, boza, roncha, vexiga, vincha, vinchoca.
  • Gran, forma de agregación das partículas que constitúen unha substancia e que determinan a maior ou menor aspereza ao tacto. Gran da madeira.
  • Gran mineral, fragmento apenas perceptíbel de rocha.
  • Gran, medida de masa obsoleta equivalente a uns cinco centigramos.
  • Gran métrico, unidade de medida usada en xoiaría; cuarta parte dun quilate.
  • Gran en fotografía, cada unha das manchas negras ou grises, constituídas por unha acumulación de partículas de prata reducida, que no seu conxunto forman a imaxe fotográfica.
  • Gran, parte exterior das peles curtidas.
  • Gran, serie de televisión da BBC.