Gradiente adiabático seco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para comprender o significado de gradiente adiabático seco (GAS) é necesario saber ó que nos referimos co termo gradiente en si. Este é a diferenza de temperatura que existe entre dous puntos situados a unha diferenza de altitude de 100 m.

Centrándonos no GAS, o valor que se determina para este gradiente é de 1 °C/100 m , e recibe a denominación seco porque contén auga en forma de vapor. Podemos dicir del que é un proceso dinámico ( a diferenza do gradiente vertical de temperatura) xa que afecta a unha masa de aire que se encontra realizando un movemento vertical debido o seu estado de desequilibrio co aire circundante.

Proceso[editar | editar a fonte]

Unha porción de aire, por ser mal condutor de calor, non vai a intercambiar nin transferir calor coa atmosfera. Polo tanto se existen variacións de temperatura na mesma porción de aire, estas serán causadas pola súa actividade molecular interna. Estas modificacións prodúcense adiabaticamente e se deben soamente ó cambio da presión atmosférica producidas polo movemento vertical dunha porción do aire.

Tendo en conta o principio físico polo cal unha porción de aire aumenta a súa temperatura se é comprimida, se se produce o proceso contrario, é dicir se se expande, disminue: a porción de aire en elevación expándese debido a que a presión que soporta é menor coa altura. Polo tanto, a súa temperatura tamén descende debido a que a fricción das moléculas de aire é menor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.