Saltar ao contido

Glenn Lord

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGlenn Lord
Biografía
Nacemento17 de novembro de 1931 Editar o valor en Wikidata
Pelican, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte31 de decembro de 2011 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Texas, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncrítico literario, xornalista Editar o valor en Wikidata
Influencias

Glenn Lord, nado en Pelican (De Soto Parish, Luisiana) o 17 de novembro de 1931 e finado en Texas o 31 de decembro de 2011, foi un axente literario e editor estadounidense, alén de editor de prosa e poesía de Robert E. Howard (1906–1936), e o primeiro e máis salientable investigador sobre a vida e as escrituras de Howard.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi veterano da guerra de Corea e xerente de almacén de papel para o comercio. Descubriu a Robert E. Howard a través de Skull-Face and Others (1946)[1] por volta do ano 1951. Fixo investigacións sobre as publicacións anteriores de Howard, especialmente as revistas pulp das décadas de 1920 e 1930. En 1956, percorreu o país na busca de tódalas historias, poemas e cartas de Howard. Ó longo da súa vida, reuniu a meirande colección do mundo de manuscritos e publicacións orixinais.[2]

  1. Howard, Robert E. (1946). Skull-Face and Others, Arkham Books. ISBN 0-85978-007-4
  2. Lord, Glenn (1976). The Last Celt: A Bio-bibliography of Robert Ervin Howard, Donald M. Grant. ISBN 0-425-03630-8