Geo-IK-2
Aparencia
Geo-IK-2, tamén coñecidos como Musson-2 (índice GRAU 14F31), é unha serie de satélites xeodésicos rusos sucesores dos satélites Geo-IK.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]A misión dos satélites Geo-IK-2 é recoller datos para mellorar as análises en xeodesia. O corpo do satélite é un cilindro presurizado de 1,3 m de diámetro e 1,3 m de altura que contén a electrónica e soporta a antena de alta ganancia e os paneis solares. Para facer as medicións habitualmente hai dous satélites en órbita, a unha altura de 1000 km. Os satélites teñen unha masa de 1400 kg e son lanzados mediante foguetes Rokot KM, co primeiro sendo lanzado o 1 de febreiro de 2011 e fallando por problemas co seu foguete portador.[1][2]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]Os Geo-IK-2 dispoñen de tres instrumentos:[1][2]
- O radar altímetro SADKO, construído por Thales Alenia.
- Reflectores láser na superficie do satélite para medir a distancia cara ao satélite desde terra.
- Receptores Glonass e GPS.
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
Geo-IK-2 1 (Musson-2 1, Kosmos 2470) | 1 de febreiro de 2011 | Rokot KM | Fallo do foguete lanzador. |
Geo-IK-2 2 (Musson-2 2, Kosmos 2517) | 4 de xullo de 2016 | Rokot KM | Éxito |
Geo-IK-2 3 (Musson-2 3, Kosmos 2540) | 30 de agosto de 2019 | Rokot KM | Éxito |