Ghazal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gazal»)

O ghazal ou ghazel é un xénero literario lírico propio das literaturas árabe, persa, turca e urdú. Na literatura árabe trátase dun poema cuxa etimoloxía está emparentada coas ideas de gabanza, afago etc. Da mesma raíz deriva a forma tagazzul, "compor poesías amorosas". Conceptualmente o ghazal ten estreita relación co nasib (ou tasbib), prólogo amoroso que serve de introdución xunto co rahil (descrición dunha viaxe polo deserto), ao tema panexírico que caracteriza a composición poética chamada qasida.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]