Saltar ao contido

Furacán Otis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Camiño seguido polo furacán.
Camiño seguido polo furacán.

O Furacán Otis foi un furacán que aterrou na costa sur de México a finais de outubro de 2023. Cualificado nos seus comezos de tormenta tropical, en tan só 12 horas foi recualificado como furacán de forza 5, impactando como tal na veciñanza de Acapulco, México.

O seu ollo o día 24 de outubro, ó comezar a entrar en terra, tiña un diámetro duns 25 km. A intensidade de ventos de 265 km/h provocados por el, fíxoo o máis potente dos que sufriu México na súa costa pacífica.[1]

  1. "Earth from Space: Hurricane Otis". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2023-12-08.