Furacán Ophelia de 2017
Ophelia é un furacán que en outubro de 2017 percorreu o océano Atlántico, chegando ata Irlanda e Gran Bretaña como tormenta (chamada alí a 'tormenta Ophelia'). En 2005 e 2011 houbo outros furacáns co mesmo nome.
Foi o furacán de grande intensidade localizado máis ó leste do océano Atlántico do que se ten rexistro. O domingo 15 de outubro pasou a uns 500 km de Galicia, continuando camiño cara ó Atlántico Norte para achegarse ás costas de Irlanda xa como tormenta.[1]
Formado o 9 de outubro e disipado o 18, foi considerado extratropical pola súa situación o 16. Acadou ventos de velocidade 51 m·s-1 (185 km/h), cunha presión mínima de 960 mbar. É parte da tempada 2017 de furacáns no Atlántico.
Danos causados
[editar | editar a fonte]España e Portugal
[editar | editar a fonte]Nos arredores do 15 de outubro de 2017, os fortes ventos de Ophelia axudaron a facer medrar e estender unha vaga de incendios forestais no noroeste da Península Ibérica, dende Lisboa a Cantabria (en particular, norte de Portugal, Galicia e Asturias.
O balance de mortos acada os 38 en Portugal e 4 en Galicia, contando ademais decenas de feridos.[2][3] O número de incendios en Portugal roldou os 150, máis de 80 en Galicia e máis de 30 en Asturias.
A nube provocada rebaixou a luz en moitas poboacións do norte galego a niveis comparables os dunha eclipse solar, producíndose un anoitecer virtual a tarde do día 16. A cinza viaxou impulsada polos fortes ventos ata Inglaterra.
Irlanda
[editar | editar a fonte]Entre o 16 e o 17, Ophelia, xa como tormenta, atravesou Irlanda, de sur a norte, deixando ao menos tres mortos.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hurricane Ophelia’s temperature". Space in Images. Arquivado dende o orixinal o 20/09/2018. Consultado o 17/10/2017.
- ↑ Martín del Barrio, Javier (17 de outubro de 2017). "“Eran proyectiles de fuego que caían por todos los lados”". El País.
- ↑ "Una oleada de incendios quema Galicia y deja cuatro muertos". La Vanguardia. 16 de outubro de 2017.
- ↑ "Al menos tres muertos en Irlanda por el paso de la tormenta Ophelia". El País. 16 de outubro de 2017.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Furacán Ophelia de 2017 |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|