Saltar ao contido

Francisco Núñez Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Núñez Rodríguez
Biografía
Nacemento6 de abril de 1902 Editar o valor en Wikidata
Ferrol (Restauración borbónica en España) Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xaneiro de 1972 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Madrid (España franquista) Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar, gobernador, oficial da armada Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militaralmirante (1956–) Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJosé Núñez Quijano Editar o valor en Wikidata
Premios

Francisco Núñez Rodríguez, nado en Ferrol en 1902 e finado en Madrid en 1972, foi un militar e político galego, gobernador e alto comisionado español da Guinea Española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Entrou na Mariña cando aínda era moi novo. En 1956 ascendeu a Almirante e en 1962 foi elixido Gobernador Colonial de Guinea Ecuatorial. Durante o seu goberno realizouse o achado e o posterior traslado do gorila albino coñecido co nome de Folerpa de Neve (orixinalmente en castelán: Copito de Nieve) ao zoo de Barcelona. Así mesmo, durante o seu mandato déuselle autonomía á colonia e progresouse no proceso de descolonización do territorio, como estaba previsto pola ONU. Co proxecto de bases sobre autonomía, en 1965 desapareceu o posto de gobernador e converteuse no primeiro alto comisionado da colonia. En 1966 abandonou o cargo e pasou a exercer como Capitán Xeneral de Ferrol, cargo que mantivo ata 1971, momento no que volvería a Madrid, onde faleceu un ano máis tarde.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

En 1922 casou con María Luisa López Sacone e Ordóñez de Barraicúa, Marquesa de Villarías.