Francisco Durán Domínguez
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Francisco Durán Domínguez | |
---|---|
Nome completo | Francisco Durán Domínguez |
Nacemento | 17 de novembro de 1911 |
Lugar de nacemento | Casar de Cáceres |
Nacionalidade | España |
Ocupación | poeta |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Francisco Durán Domínguez , nado o 17 de novembro de 1911 en Casar de Cáceres, é un poeta cacereño, autor dos poemas Miedo sabroso e El mendigo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
De mozo traballou como porqueiro nunha piara, con pouco tempo para ir á escola.
A súa afección polas letras veu pola lectura de Luis Chamizo e de Gabriel y Galán.
Ó comezo da Guerra civil, Francisco foi prisoneiro por varios meses, ocasión que aproveitou para escribir. Nestes tempos escribiu Miedo sabroso (1939) e El mendigo (1940).
Dende que saíu do cárcere traballou en RENFE até xubilarse.
Obra[editar | editar a fonte]
- Miedo sabroso. Este poema gañou o primeiro premio na Fala popular na primeira edición do concurso de poesía Ruta de la Plata.
- El Milagro. Gañador na categoría Fala popular na segunda edición do concurso de poesía Ruta de la Plata.
- La Pitera. Consiguiu tamén o accesit na categoría Fala popular tamén na segunda edición do mesmo certame.
- El Mendigo. Accesit na categoría Fala popular na cuarta edición do concurso poesía Ruta de la Plata.