Fochiña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplo dunha muller con fochiñas (Miranda Kerr).

Unha fochiña[1] é unha marca visible causada pola pel subxacente que se forma nas fazulas dalgunhas persoas, sobre todo cando sorrín. Non se herdan xeneticamente.

As fochiñas nas dúas fazulas son un fenómeno relativamente común. Unha forma máis rara é a fochiña única, que se produce nun só lado da cara.

Anatomicamente, as fochiñas poden ser causados por variacións na estrutura do músculo da cara coñecido como cigomático maior. En concreto, a presenza de músculo dobre ou bífido cigomático pode explicar a formación de fochiñas nas fazulas.

Esta variación bífida do músculo orixínase como unha estrutura única no óso cigomático, considérase unha enfermidade porque os músculos faciais non realizan o seu correcto funcionamento e debido a isto son considerados deformacións.

A formación das fochiñas tamén se pode dar debido a que as fibras de até nove músculos faciais entrelázanse ou unen nunha formación moi diversa e multiplanar que se denomina modiolo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fochiña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]