Florentino González Vallés
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Morte | novembro de 1938 |
Gobernador civil da provincia da Coruña | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Florentino González Vallés, finado na Coruña o 26 de novembro de 1938[1], foi un militar e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ingresou na Academia de Infantaría en 1903. Ingresou na Garda civil, foi tenente en Vilalba (1911), chegando a tenente coronel. En abril de 1936 foi cesado no seu destino e declarado dispoñible forzoso por asistir sen autorización ao enterro de Anastasio de los Reyes. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936, o 9 de agosto, foi nomeado gobernador civil da Coruña. Despois foi Xefe da Comandancia da Garda civil de León, Lugo (abril de 1937), A Coruña (febreiro de 1938), Santander e Pontevedra.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Sánchez Abelenda en 1910 e foi pai de Lorenzo González-Vallés Sánchez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 28-11-1938, p. 2.