Filopatría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Filopátrico")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

En zooloxía, chámase filopatría á tendencia que presentan moitas especies animais a permanecer no mesmo territorio en que naceron, ou a volver ao mesmo para reproducirse ou nidificar.

Este fenómeno é moi frecuente entre as aves migratorias que adoitan volver aniñar ao mesmo lugar todos os anos. Outro exemplo deste comportamento son os salmóns que, tras nacer nun río determinado e pasar varios anos no mar, regresan ao mesmo lugar en que naceron para desovar.[1][2] Entre os réptiles un dos casos máis coñecidos de filopatría é o das tartarugas mariñas, que volven todos os anos ás mesmas praias para depositar os seus ovos.[3][4]

Tamén se describiron casos de filopatría invernal en aves migradoras. O grou (Grus grus) adoita visitar as mesmas zonas de alimentación cada outono e inverno cando os polos do verán anterior aínda seguen ao seu coidado. Esas zonas teñen unha maior diversidade de recursos alimenticios, aínda que en pequenas cantidades, o que as converten en lugares adecuados para establecer territorios de alimentación que defenden fronte a outros grous próximos tamén con polos ou xuvenís.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Richard, W. Hill; A. Wyse, Gordon; Anderson, Margaret (2006). "Sistema de integración en la práctica: navegación animal". Fisiología animal. Médica Panamericana. ISBN 8479039906. OCLC 642372805. 
  2. Acevedo, Jorge A.; Aguayo-Lobo, Anelio; Pastene, Luis A. (xullo de 2006). "Site Fidelity of Humpback Whales (Megaptera novaeangliae Borowski, 1781) to the Magellan Strait feeding ground". Revista de biología marina y oceanografía 41 (1): 11–19. ISSN 0718-1957. doi:10.4067/S0718-19572006000100004. Consultado o 5 de maio de 2018. 
  3. "GENERALIDADES SOBRE LAS TORTUGAS MARINAS". docplayer.es. Consultado o 5 de maio de 2018. 
  4. FitzSimmons, Nancy N.; Limpus, Colin J.; Norman, Janette A.; Goldizen, Alan R.; Miller, Jeffrey D.; Moritz, Craig (5 de agosto de 1997). "Philopatry of male marine turtles inferred from mitochondrial DNA markers". Proceedings of the National Academy of Sciences 94 (16): 8912–8917. doi:10.1073/pnas.94.16.8912. Consultado o 5 de maio de 2018. 
  5. Alonso, J. C.; Bautista, L. M.; Alonso, J. A. (26 de agosto de 2004). "Family‐based territoriality vs flocking in wintering common cranes Grus grus". Journal of Avian Biology 35 (5): 434–444. doi:10.1111/j.0908-8857.2004.03290.x. Consultado o 5 de maio de 2018.