Fiannamail ua Dúnchado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VII |
Morte | 700 |
Dalriada | |
698 – 700 ← Ainbcellach mac Ferchair (pt) – Selbach mac Ferchair → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Fillos | Indrechtach mac Fiannamail |
Fiannamail ua Dúnchado foi rei dos Escotos de Dalriada dende o ano 698 até o 700. Neto de Dúnchad mac Conaing e fillo de Conall Cael mac Dúnchad, falecido en Kintyre no ano 681.[1] Provén dunha póla dos Cenél nGabráin, quen entraron en combate contra os Cenél Loairn despois do asasinato de Eochaid mac Domangairt no 697, descendente directo de Domnall Brecc.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Toma o trono despois da expulsión de Ainbcellach mac Ferchair quen é enviado en cativerio a Irlanda. Os Anais do Ulster revélannos que foi asasinado dous anos despois, no 700[2] sen dúbida por Selbach mac Ferchair, irmán de Ainbcellach e que posteriormente sobe ao trono.
No 697, aparece como un dos asinantes da Lex Innocentium, promulgada por San Adomnan.[3]
A súa familia estabelécese en Kintyre, xogando un papel importante na vida política da rexión durante corenta anos. Nesta familia aparece un tal Becc Ua Dúnchada quen puido ser o seu irmán e que será asasinado no 707. Tamén figura un aparente fillo, Dunchad Becc, rei de Kintyre quen venceu a Selbach mac Ferchair na batalla naval de Ard Nesbi, o 6 de setembro ou de outubro do 719[4] e que morrería no ano 721.[5][6]
Indrechtach, fillo de Fiannamail que non é recoñecido como rei de Dalriada nos Anais do Ulster, foi vencido na batalla de Druin Cathmail logo de falecer, no mesmo ano, o seu irmán Conall e "moitos máis" na cidadela de Forboros, en mans do rei picto Óengus I no 741.[7][8]