Saltar ao contido

Federico Díaz Palafox

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFederico Díaz Palafox
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Morteabril de 1911 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaPorto (1872–valor descoñecido) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, político, veterinario Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1250647

Federico Díaz Palafox, finado en Ferrol en abril de 1911,[1] foi un xornalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Jorge Díaz Galán e Justina Palafox. Republicano, foi líder do Partido Republicano de Ferrol e organizador da Federación Local de Trabajadores de Ferrol. Implicado na insurrección republicana de 1872, tivo que exiliarse en Porto. Ao seu retorno dirixiu un colexio de ensinanza superior en Ferrol. Dirixiu a revista La Ciencia de Madrid en 1879,[2] e os periódicos El Pueblo Gallego, La Autonomía de Galicia,[3] e La República de Ferrol. Foi veterinario municipal de Ferrol dende 1897. Publicou Elementos de prosodia para los alumnos (1871) e traduciu ao castelán as novelas Un señor condescendiente de Pigault-Lebrun e El amor por las calles e Isidoro el expósito de Paul de Kock.

  1. El Correo Gallego, 21-4-1911, p. 3
  2. El Correo Gallego, 28-1-1879, p. 2.
  3. El Correo Gallego, 21-7-1894, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]