Como levar unha vida honesta
Como levar unha vida honesta | |
---|---|
Martiño de Dumio e o rei Miro. | |
Data | ca. 570 |
Lugar de orixe | Reino de Galicia |
Lingua(s) | Latín |
Autor(es) | Martiño de Dumio |
[ modificar datos en Wikidata ] |
Como levar unha vida honesta ou, orixinalmente, Formula vitae honestae é un breve tratado, escrito cara ao ano 570, polo bispo Martiño de Dumio para a educación de Miro, rei de Galiza,
Características
[editar | editar a fonte]No texto, o bispo Martiño instrúe o rei mozo nas catro virtudes dun bo gobernante: a prudencia, a fortaleza, a temperanza e a xustiza. Collendo coma referencia textos de autores clásicos a obra converteuse nun recurso imprescindible na formación dos príncipes europeos da Idade Media. Consérvanse case setecentas copias latinas repartidas por todo o continente.
Libellus Martini episcopi ad Mironem regem gallitiensem de quatuor virtutibus id est prudentia, fortitudine, temperantia, iustitia.[1]
En 2023 o Consello da Cultura Galega publicou a tradución á lingua galega.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A. Devlin, Rebecca; Gago, Manuel; López Carreira, Anselmo; López Pereira, Eduardo; López Silva, Xosé Antonio; Ranero Riestra, Laura; Sánchez Pardo, José Carlos (2023). Como levar unha vida honesta. Consellos de Martiño de Dumio a Miro, rei de Galicia (1ª ed.). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-17802-53-0.
- ↑ "Como levar unha vida honesta.". consellodacultura.gal. Consultado o 2023-03-30.