Eutimia
Aparencia
A eutimia é o estado de ánimo normal, descrito como o punto de equilibrio entre os dous polos da alegría e a tristura. As alteracións cara a un ou outro extremo denomínanse distimias.
Tamén se emprega eutimia para referirse ao estado neutro (ausencia dun ciclo depresivo ou maníaco) que, con frecuencia variábel, experimentan algunhas persoas con desorde bipolar.