"Hysteria" (tamén coñecida como "Hysteria (I Want It Now)" nos Estados Unidos) é unha canción da banda inglesa de rock alternativoMuse. Foi publicada como sinxelo do seu terceiro álbum de estudio, Absolution, o 1 de decembro do 2003. Chegou ao número 17 da lista británica de sinxelos, e ao 9 na estadounidense Billboard Modern Rock Tracks.