Euskaltzaindia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 15: Liña 15:
Oficialmente esta institución conseguiu o recoñecemento oficial en [[España]], con carácter de [[Real Academia]], en [[1976]], un ano despois do final da ditadura de [[Francisco Franco]]. En [[Francia]] é aceptada como unha entidade desde o ano [[1995]].
Oficialmente esta institución conseguiu o recoñecemento oficial en [[España]], con carácter de [[Real Academia]], en [[1976]], un ano despois do final da ditadura de [[Francisco Franco]]. En [[Francia]] é aceptada como unha entidade desde o ano [[1995]].


Esta Academia ten a súa sede en [[Bilbao]] pero con delegacións en [[Bayona (Francia)|Bayona]], [[San Sebastián]] e [[Vitoria]].
Esta Academia ten a súa sede en [[Bilbao]] pero con delegacións en [[Baiona (Francia)|Baiona]], [[San Sebastián]] e [[Vitoria]].


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 19 de xuño de 2008 ás 13:55

A Euskaltzaindia ou Real Academia da Lingua Vasca é unha institución cultural que ten como obxectivo velar pola lingua vasca, fundada no ano 1919, recoñecida desde 1976 polo Estado español[1], baixo a denominación de Real Academia. A Euskaltzaindia foi impulsada, do mesmo xeito que a Sociedade de Estudos Vascos (Eusko Ikaskuntza), polas catro deputacións vasco-navarras, para coidar e normalizar o uso do idioma vasco, así como o estudo filológico e etimológico do mesmo.

Sede central en Bilbao.

O seu emblema é un carballo, acompañado da lenda Ekin eta jarrai ("Empezar e seguir").

O número de académicos é 23, dos cales 20 teñen o eúscaro como lingua materna (en decembro de 2005).

Dispón de varias comisións de traballo que realizan diferentes tarefas na tarefa do estudo do idioma vasco, estas comisións son as seguintes:

  • Comisión de lexicografía, actualmente traballa nun Dicionario Xeral Vasco de carácter xeral e descritivo que integra contido histórico e de dialectos. E nun Dicionario Léxico Unificado que é normativo e só contempla o eúscaro batua ou eúscaro unificado.
  • Comisión de gramática, desde 1980 trata de redactar as bases da gramática do idioma vasco.
  • Comisión para o atlas lingüístico, o seu traballo é realizar un mapa dialectológico para coñecer os dialectos que se falan nos diferentes puntos da xeografía vasca.
  • Comisión onomástica, estuda aspectos máis teóricos e históricos deste idioma.
  • Comisión de literatura, analiza a literatura popular así como a literatura máis intelectual do eúscaro.
  • Comisión de lingua falada, encárgase de realizar un estudo sobre o uso da lingua vasca cando é falada e realizar unha normativa en consecuencia, xa que existen moi diferentes acentos segundo a localización do vascoparlante.

Oficialmente esta institución conseguiu o recoñecemento oficial en España, con carácter de Real Academia, en 1976, un ano despois do final da ditadura de Francisco Franco. En Francia é aceptada como unha entidade desde o ano 1995.

Esta Academia ten a súa sede en Bilbao pero con delegacións en Baiona, San Sebastián e Vitoria.

Notas

  1. Decreto 573/1976, de 26 de febreiro

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas