Alberto Camino: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Category->Categoría
Sen resumo de edición
Liña 6: Liña 6:


[[Categoría: Escritores en lingua galega|Camino, Alberto]]
[[Categoría: Escritores en lingua galega|Camino, Alberto]]
[[Categoría:Escritores de Galicia|Camino, Alberto]]


[[es:Alberto Camino]]
[[es:Alberto Camino]]

Revisión como estaba o 28 de febreiro de 2008 ás 16:53

Alberto Camino Sigüer naceu en Ferrol no ano 1820, segundo Manuel Murguía. Porén, segundo Ricardo Carvalho Calero, Xosé Novo García afirmaba que lle tiña ouvido ao curmán de Alberto Camino, Domingo Camino, que a cidade natal deste poeta era Santiago de Compostela. Precisamente na Universidade de Santiago de Compostela cursou Alberto Camino os seus estudos de dereito.

Non deixou publicado ningún libro en galego, e pénsase que a súa obra inédita (ou parte dela) foi mandada queimar polo propio Camino nun rauto de loucura a poucos días da súa morte. Este escritor destacou como compositor de vilancicos de Nadal e Reis, mais tamén como poeta eléxico. De feito, dúas das súas máis coñecidas e xeniais composicións son elexías, os poemas Nai chorosa e O desconsolo. Alberto Camino rematou os seus días en Madrid, o 2 de Marzo de 1861.