Freguesía: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: es:Freguesia |
m bot Modificado: ast:Freguesia |
||
Liña 21: | Liña 21: | ||
[[Categoría:Portugal]] |
[[Categoría:Portugal]] |
||
[[ast: |
[[ast:Freguesia]] |
||
[[ca:Freguesia]] |
[[ca:Freguesia]] |
||
[[de:Freguesia]] |
[[de:Freguesia]] |
Revisión como estaba o 8 de febreiro de 2008 ás 13:09
Freguesía é a menor división administrativa do territorio en Portugal e no antigo Imperio Portugués, que comprende tanto ao poder político como ao relixioso.
En Portugal e no antigo Imperio Portugués
En Portugal unha freguesía é unha división administrativa obrigatoria para todos os concellos, isto quere dicir que todos deben ter polo menos unha, agás o de Vila do Corvo, onde esta división territorial non existe. As freguesías son gobernadas por unha 'xunta de freguesía', un órgano executivo que é elixido polos cidadáns censados no respectivo territorio. En Portugal existen 4257 freguesías, con extensións que van dos 100 km² a apenas algunhas hectáreas, e poboacións de decenas a decenas de millares de habitantes. Os municipios son os encargados de propor e crear novas freguesías no seu territorio, que deben obedecer a un conxunto de criterios fixados por lei. En Portugal hai 5 concellos que constan dunha soa freguesía, todo o contrario que o concello de Barcelos que ten 89. As autoridades portuguesas estabelecen tres tipos diferentes de freguesías, para efectos de ordenamento do territorio:
- freguesias urbanas - freguesias que posúen unha densidade de poboación superior aos 500 h/km² ou que integren un lugar con poboación residente superior ou igual aos 5 000 habitantes.
- freguesias semi-urbanas - freguesias non urbanas que posúen unha densidade de poboación superior aos 100 h/km² e inferior ou igual aos 500 h/km², ou que integren un lugar com poboación residente superior ou igual a 2 000 habitantes e inferior a 5 000 habitantes.
- freguesias rurais - as restantes.
As freguesias están representadas nos órganos municipais polo presidente da Xunta, que ten lugar, por inerencia de cargo, na Asamblea Municipal.
As freguesias portuguesas son a representación civil das antigas parroquias católicas; moitas delas surxiron idénticas ás antigas unidades eclesiásticas medievais. De aí que, em tempos mais recentes, o termo «fregués» servise para designar tamén aos parroquianos, os cales eran «fregueses», por dicilo así, do párroco.
Derivadamente, o termo freguesia, tanto en Portugal como no Brasil, retén ainda o significado de clientes dun estabelecemento comercial; cada cliente individualmente é chamado fregués.