Fontainebleau: Diferenzas entre revisións
m robot Añadido: bg, ceb, cs, de, es, fi, it, ja, nl, nn, no, pl, pt, ru, sl, sr, vi |
m robot Añadido: ro:Fontainebleau |
||
Liña 33: | Liña 33: | ||
[[pl:Fontainebleau]] |
[[pl:Fontainebleau]] |
||
[[pt:Fontainebleau]] |
[[pt:Fontainebleau]] |
||
[[ro:Fontainebleau]] |
|||
[[ru:Фонтенбло]] |
[[ru:Фонтенбло]] |
||
[[sl:Fontainebleau]] |
[[sl:Fontainebleau]] |
Revisión como estaba o 25 de xullo de 2007 ás 01:34
Fontainebleau é un concello (commune) francés, situado no departamento de Seine-et-Marne, na rexión de Île-de-France, famoso polo seu château, antiga residencia real francesa. Os seus habitantes son chamados, en francés, les Bellifontains.
Fontaine Belle Eau ou Fontaine Belleau, logo Fontainebleau, veu fixado oficialmente o seu nome en 1169. O que era unha simple aldea veuse dotada cun pavillón de caza e unha capela polo rei Luís VII de Francia. San Luís, que apreciaba moito Fontainebleau, que a chamaba os seus « ermos », fixo construír aquí un pavillón e máis un hospital. Filipe o Fermoso naceu neste lugar en 1268, no que tamén faleceu en 1314.
En total, 34 soberanos, desde Luís VI o Gordo ata Napoleón III, residiron en Fontainebleau ao longo de sete séculos.
Entre os séculos XVI e XVIII, todos os reis, de Francisco I a Luís XV, encargaron traballos importantes (derrubamento - reconstrución - engrandecemento - afermosamento), que lle deron o seu carácter "heteroxéneo", mais con todo harmonioso, á arquitectura do château (castelo-pazo).