Irmán: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Quito referencias á RAE e frases sen sentido
Jglamela (conversa | contribucións)
arranxos
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Grimm.jpg|miniatura|dereita|Os irmáns Wilhelm (á esquerda) e Jacob Grimm (á dereita) nun cadro de 1855 de [[Elisabeth Jerichau-Baumann]].]]
[[Ficheiro:Grimm.jpg|miniatura|dereita|[[irmáns Grimm|Os irmáns Wilhelm (á esquerda) e Jacob Grimm (á dereita)]] nun cadro de 1855 de [[Elisabeth Jerichau-Baumann]].]]
Un '''irmán''' é unha [[persoa]] que con respecto a outra ten os mesmos [[pai]]<nowiki/>s, ou soamente o mesmo pai ou a mesma nai. Este termo é utilizado xeralmente para referirse a dous ou máis persoas xeneticamente emparentadas, aínda que non necesariamente este ten que ser o caso, posto que pode haber un ou máis irmáns que sexan adoptados polos seus pais.
Un '''irmán''' é unha [[persoa]] que con respecto a outra ten os mesmos [[pai]]<nowiki/>s, ou soamente o mesmo pai ou a mesma nai. Este termo é utilizado xeralmente para referirse a dous ou máis persoas xeneticamente emparentadas, aínda que non necesariamente este ten que ser o caso, posto que pode haber un ou máis irmáns que sexan adoptados polos seus pais.


Liña 20: Liña 20:


=== Medios irmáns ===
=== Medios irmáns ===
Medio irmán é o que só ten en común un dos pais.<ref>{{DRAG|irmán}}</ref><ref>{{Cita libro|apellidos=Salazar y Acha|nombre=Jaime de|enlaceautor=Jaime de Salazar y Acha|url=http://books.google.es/books?id=F6D2ba4128kC&pg=PA115#v=onepage&q=hermanastros&f=false|título=Manual de genealogía española|ubicación=Madrid|editorial=Hidalguía|año=2006|página=115}}</ref>
Medio irmán é o que só ten en común un dos pais.<ref>{{DRAG|irmán}}</ref><ref>{{Cita libro|apelidos=Salazar y Acha|nome=Jaime de|ligazón-autor=Jaime de Salazar y Acha|url=http://books.google.es/books?id=F6D2ba4128kC&pg=PA115#v=onepage&q=hermanastros&f=false|título=Manual de genealogía española|lugar=Madrid|editorial=Hidalguía|data=2006|páxina=115}}</ref>


=== Irmáns de leite ===
=== Irmáns de leite ===

Revisión como estaba o 3 de agosto de 2016 ás 16:05

Os irmáns Wilhelm (á esquerda) e Jacob Grimm (á dereita) nun cadro de 1855 de Elisabeth Jerichau-Baumann.

Un irmán é unha persoa que con respecto a outra ten os mesmos pais, ou soamente o mesmo pai ou a mesma nai. Este termo é utilizado xeralmente para referirse a dous ou máis persoas xeneticamente emparentadas, aínda que non necesariamente este ten que ser o caso, posto que pode haber un ou máis irmáns que sexan adoptados polos seus pais.

Na maioría das sociedades do mundo os irmáns usualmente crecen xuntos e pasan xuntos gran parte da nenez e mocidade, polo que poden ter conflitos (frecuentemente asócianse estes conflitos a unha verdadeira irmandade, algunhas frases como: «se non se pelexan, non son irmáns» apoian dita idea). A proximidade e o trato que os irmáns teñan entre si estarán marcados polo desenvolvemento de fortes asociacións emocionais tales como amor e inimizade. O lazo entre irmáns é a miúdo moi complicado e ás veces está influído por factores tales como o trato dos pais, a orde de nacemento, a xente e as experiencias vividas fóra da familia. [Cómpre referencia]

O termo é usado para definir aos membros dunha comunidade relixiosa, por exemplo moitas das ordes católicas, irmandade ou confraría.[1]

Orixe do termo

A palabra galega «irmán» (como o catalán germà, o portugués irmão ou o castelán hermano) orixínanse na palabra latina "germanus". Como «xerme», vén de geno ou gigno, que significa ‘carnal’ (no sentido de parente consanguíneo); tamén significa ‘verdadeiro’ e ‘exacto’. Frater germanus = ‘irmán carnal’. [Cómpre referencia]

Tipos de irmáns

Irmáns enteiros

Os irmáns enteiros, irmáns carnais[2] ou irmáns plenos, son irmáns que comparten ambos os pais (biolóxicos ou adoptivos).

Medios irmáns

Son os irmáns que comparten só un dos dous proxenitores (xa sexa biolóxica ou adoptivamente). O termo medio irmán é pouco utilizado e adóitase preferir utilizar irmán de nai ou irmán de pai por razón de costume lingüístico. Ademais o termo medio irmán parece dar a entender que está a metade de camiño entre ser irmán e non selo, mentres que moitos medios irmáns teñen unha vinculación e unhas vivencias comúns que lles fai sentirse moito máis próximos do concepto de irmáns que do dos que non o son.

  • Medios irmáns de nai son os fillos dunha mesma nai que teñen diferente pai. Ás veces utilízase o termo irmáns uterinos[3] que non é exactamente sinónimo, pois fai referencia a dúas persoas que foron xestadas no mesmo útero, compartan ou non a carga xenética da mesma nai.
  • Medios irmáns de pai son os fillos dun mesmo pai que teñen diferente nai. Ás veces utilízanse como sinónimos os termos irmáns consanguíneos, ou irmáns agnados.[4]

Medios irmáns

Medio irmán é o que só ten en común un dos pais.[5][6]

Irmáns de leite

Irmán de leite é o «fillo dunha ama de cría respecto do alleo que esta criou, e viceversa». Analogamente ao devandito sobre os medios irmáns, só se fala de parentesco de leite ou nutricio cando non existe o de consanguinidade. Non ten incidencia a efectos xurídicos, pero tradicionalmente tiña unha consideración social semellante á do parentesco de afinidade. A lei islámica (sharia) precisa en que condicións a lactación non materna constitúe parentesco nutricio (rada'a) e asimila este á consanguinidade, prohibindo o matrimonio entre os irmáns de leite ou mahram.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos