Camión: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q43193
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:CAMIONES.jpg|miniatura|Camións aparcados.]]
[[Ficheiro:CAMIONES.jpg|miniatura|Camións aparcados.]]
[[File:DMG-lastwagen-cannstatt-1896.jpg|thumb|Daimler-Lastwagen, 1896]]

Un '''camión''' é un [[vehículo motorizado]] para o transporte de bens. A diferenza dos coches, que adoitan ter unha construción [[monocasco]], moitos dos camións constrúense arredor dunha estrutura resistente chamada [[chasis]]. A maioría están formados por un chasis portante, xeralmente un marco estrutural, unha cabina e unha estrutura para transportar a carga.

Revisión como estaba o 5 de xuño de 2016 ás 00:28

Camións aparcados.
Daimler-Lastwagen, 1896

Un camión é un vehículo motorizado para o transporte de bens. A diferenza dos coches, que adoitan ter unha construción monocasco, moitos dos camións constrúense arredor dunha estrutura resistente chamada chasis. A maioría están formados por un chasis portante, xeralmente un marco estrutural, unha cabina e unha estrutura para transportar a carga.

Hai camións de moitos tamaños e de todo tipo, dende camións pequenos ata os trens de estrada, pasando polos camións todoterreo de 200 toneladas usados na minería.

Os camións foron especializándose e tomando unha serie de características propias do traballo a realizar. Nunha evolución dunha simple caixa á forma máis adecuada á materia que se transporta; perigosas, líquidas, refrixeradas, en continuo movemento que impida o fraguado, abertos, pechados, con guindastre etc.

No eixo traseiro acostuman posuír xogos dobres de roda e incluso algúns posúen dobre eixo traseiro.