Tijuana: Diferenzas entre revisións
Liña 64: | Liña 64: | ||
== Economía == |
== Economía == |
||
[[Ficheiro:Playas_de_Tijuana.jpg|miniatura|esquerda|250px|Playas de Tijuana, centro turistíco da cidade.]] |
|||
É centro turístico importante pola súa proximidade ás grandes cidades de [[California]] e aos Estados Unidos en xeral: de feito Tijuana é a segunda cidade do mundo polo número de turistas que a visitan, número que só supera [[Nova York]]{{Cómpre referencia}}. |
É centro turístico importante pola súa proximidade ás grandes cidades de [[California]] e aos Estados Unidos en xeral: de feito Tijuana é a segunda cidade do mundo polo número de turistas que a visitan, número que só supera [[Nova York]]{{Cómpre referencia}}. |
||
Revisión como estaba o 10 de abril de 2016 ás 19:37
Coordenadas: 32°31′N 117°01′O / 32.517, -117.017 Modelo:Cidade Tijuana é a maior cidade do estado mexicano de Baixa California e a capital do concello de Tijuana. Adoita ser citada, abreviada e coloquialmente, como TJ. A súa poboación, en 2005, era de 1.410.700 habitantes. Forma un continuum metropolitano, separado apenas pola fronteira, coa cidade californiana de San Diego; o seu conxunto supera os 4.900.000 habitantes.
Topónimo
Etimolóxicamente o topónimo de Tijuana teñe varias definicions; o más coñecido é o de Rancho de la Tía Juana, propiedade de Saúl García alias "El Jaguar", nome de orixe castelán.
Historia
Os anos da década de 1920 mudaron Tijuana profundamente debido a prohibición do alcohol nos Estados Unidos. Numerosos norteamericanos pasaban a fronteira para beber e xogar con completa legalidade. Inauguráronse casinos enormes, como Agua Caliente. Caesar Cardini dirixiu algúns restaurantes da cidade durante esa época, como o aínda subsistente hotel Caesar's (tamén chamado Caesar's Palace) na rúa principal, agora denominado Avenida Revolución.
Os acontecementos internacionais dos anos seguintes tiveron fondas repercusións sobre da cidade. O turismo aumentou de maneira significativa grazas aos norteamericanos que acudían en grande número por la vida nocturna de Tijuana. Paralelamente, numerosos mexicanos, vidos de todo o país, comezaron a se instalar en Tijuana, triplicando a súa poboación. Entre 1940 e 1950, a cidade pasou de 21.971 a 65.364 habitantes.
A vida nocturna e o turismo principiaron a diminuír logo da década de 1950, mais Tijuana foise adaptando para atraer unha clientela máis familiar. Actualmente calcúlase que Tijuana acolle uns 80.000 inmigrantes anuais.
Xeografía
A cidade está situada sobre a fronteira entre os Estados Unidos e México, facendo límite con o condado de San Diego de California polo norte. Tijuana ten límites tamén con Playas de Rosarito, que en tempos foi un das suas localidades, mais obtivo a súa independencia administrativa entre 1995. O censo do ano 2005 indicaba unha poboación de 1,6 millóns de habitantes, incluíndo Tecate, mais a cantidade foi contestada, especialmente porque a cidade acolle numerosas persoas sen domicilio e é un punto de paso moi importante de emigrantes clandestinos para os Estados Unidos.
O Cerro Colorado é a maior altitude da cidade, a menor altitude é Playas de Tijuana, ponto fronterizo co o estado de California.
Demografía
División administrativa da cidade
Acidade de Tijuana se divide en 9 delegacions. Cada delegación teñe sua propria administración e está dirixida por un delegado.
- Centro. Es la zona más antigua de la ciudad.
- Otay Centenario
- Playas de Tijuana
- La Mesa
- San Antonio de los Buenos
- Sánchez Taboada
- La Presa
- La Presa Este
Economía
É centro turístico importante pola súa proximidade ás grandes cidades de California e aos Estados Unidos en xeral: de feito Tijuana é a segunda cidade do mundo polo número de turistas que a visitan, número que só supera Nova York[Cómpre referencia].
Por outra banda, Tijuana posúe numerosas maquiladoras (talleres de ensamblado en réxime de subcontrata para empresas estadounidenses), en especial non campos do automóbil e da electrónica.
Outro sector en pulo é o da construción, pois constrúense na cidade arredor de 26.000 vivendas anuais, en parte para acoller á inxente masa de inmigrantes anuais.
Trasportes e comunicacións
A cidade conta co un aeroporto internacional, que teñe conexión co as cidades mexicanas de Acapulco, Aguascalientes, Cancún, Colima, Chihuahua, Ciudad Juárez, Ciudad Obregón, Culiacán, Durango, Guadalajara, Hermosillo, La Paz, León, Loreto, Los Cabos, Los Mochis, Mazatlán, México, Monterrey, Mérida, Morelia, Oaxaca, San Luis Potosí, Puebla, Puerto Vallarta, Querétaro, Tepic, torreón, Uruapan, Veracruz e cidade de Zacatecas; ademáis conta con conexions internacionais a Oakland e Shanghái, China (vía Cidade de México). O Aeroporto Internacional de Tijuana ubicase a 8 km do centro da cidade, na delegación Otay Centenario, perto do muro fronterizo.
Educación
Tijuana conta con universidades e centros de investigación científico-tecnolóxicas, das que cómpre citar:
- Centro de Estudos Superiores do Noroeste (CESUN).
- Centro de Investigación en Tecnoloxía Electrónica e Dixital (CITEDI).
- Centro de Ensinanza Técnica e Industrial (CECATI).
- College of the Northern Border (COLEF).
- Tijuana Institute of Technology (ITT).
- Universidade Autónoma de Baja California (UABC).
- Universidade Iberoamericana (UIA).
- Universidade Xochicalco.
- Centro Universitario de Tijuana (CUT).
- Universidad Univer Noroeste (UNIVER).
- Centro de Enseñanza Técnica y Superior (CETYS).
- Tecnolóxico de Baja California (TBC).
- Instituto Cuauhtlatohuac.
Curiosidades
- Débese a Caesar Cardini, restaurador ben popular na Tijuana dos anos 1920-1940, a ensalada César.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tijuana |