Tijuana: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 11: | Liña 11: | ||
|label= Tijuana |
|label= Tijuana |
||
|position=right |
|position=right |
||
|lat_deg=32| lat_min= |
|lat_deg=32| lat_min=32 | lat_seg=28 | latNS = N | lon_deg =-117 | lon_min =-0 | lon_seg =21 |longEW=W |
||
|float=none |
|float=none |
||
|caption= |
|caption= |
Revisión como estaba o 10 de abril de 2016 ás 16:44
Coordenadas: 32°31′N 117°01′O / 32.517, -117.017 Modelo:Cidade Tijuana é a maior cidade do estado mexicano de Baixa California e a capital do concello de Tijuana. Adoita ser citada, abreviada e coloquialmente, como TJ. A súa poboación, en 2005, era de 1.410.700 habitantes. Forma un continuum metropolitano, separado apenas pola fronteira, coa cidade californiana de San Diego; o seu conxunto supera os 4.900.000 habitantes.
Xeografía
A cidade está situada sobre a fronteira entre os Estados Unidos e México, facendo límite con o condado de San Diego de California polo norte. Tijuana ten límites tamén con Playas de Rosarito, que en tempos foi un dos seus barrios, mais obtivo a súa independencia administrativa entre 1999 e 2000. O censo do ano 2005 indicaba unha poboación de 1,6 millóns de habitantes, incluíndo Tecate, mais a cantidade foi contestada, especialmente porque a cidade acolle numerosas persoas sen domicilio e é un punto de paso moi importante de emigrantes clandestinos para os Estados Unidos.
Economía
É centro turístico importante pola súa proximidade ás grandes cidades de California e aos Estados Unidos en xeral: de feito Tijuana é a segunda cidade do mundo polo número de turistas que a visitan, número que só supera Nova York[Cómpre referencia].
Por outra banda, Tijuana posúe numerosas maquiladoras (talleres de ensamblado en réxime de subcontrata para empresas estadounidenses), en especial non campos do automóbil e da electrónica.
Outro sector en pulo é o da construción, pois constrúense na cidade arredor de 26.000 vivendas anuais, en parte para acoller á inxente masa de inmigrantes anuais.
Historia recente
Os anos da década de 1920 mudaron Tijuana profundamente debido a prohibición do alcohol nos Estados Unidos. Numerosos norteamericanos pasaban a fronteira para beber e xogar con completa legalidade. Inauguráronse casinos enormes, como Agua Caliente. Caesar Cardini dirixiu algúns restaurantes da cidade durante esa época, como o aínda subsistente hotel Caesar's (tamén chamado Caesar's Palace) na rúa principal, agora denominado Avenida Revolución.
Os acontecementos internacionais dos anos seguintes tiveron fondas repercusións sobre da cidade. O turismo aumentou de maneira significativa grazas aos norteamericanos que acudían en grande número por la vida nocturna de Tijuana. Paralelamente, numerosos mexicanos, vidos de todo o país, comezaron a se instalar en Tijuana, triplicando a súa poboación. Entre 1940 e 1950, a cidade pasou de 21.971 a 65.364 habitantes.
A vida nocturna e o turismo principiaron a diminuír logo da década de 1950, mais Tijuana foise adaptando para atraer unha clientela máis familiar. Actualmente calcúlase que Tijuana acolle uns 80.000 inmigrantes anuais.
Educación superior e investigación
Tijuana conta con universidades e centros de investigación científico-tecnolóxicas, das que cómpre citar:
- Centro de Estudos Superiores do Noroeste (CESUN).
- Centro de Investigación en Tecnoloxía Electrónica e Dixital (CITEDI).
- Centro de Ensinanza Técnica e Industrial (CECATI).
- College of the Northern Border (COLEF).
- Tijuana Institute of Technology (ITT).
- Universidade Autónoma de Baja California (UABC).
- Universidade Iberoamericana (UIA).
- Universidade Xochicalco.
- Centro Universitario de Tijuana (CUT).
- Universidad Univer Noroeste (UNIVER).
- Centro de Enseñanza Técnica y Superior (CETYS).
- Tecnolóxico de Baja California (TBC).
- Instituto Cuauhtlatohuac.
Curiosidades
- Débese a Caesar Cardini, restaurador ben popular na Tijuana dos anos 1920-1940, a ensalada César.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tijuana |