Xoán de Deus: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Sao Joao de Deus.JPG|miniatura|Estatua de Xoán de Deus en Vilar de Frades, Barcelos, Portugal.]]
[[Ficheiro:Sao Joao de Deus.JPG|miniatura|Estatua de Xoán de Deus en Vilar de Frades, Barcelos, Portugal.]]
'''Xoán de Deus''', nado en Montemor [[Portugal]] o 8 de marzo [[1495]] (algúns consideran que foi en [[Toledo]]) e finado o 5 de marzo de [[1550]], foi o inspirador da Orde dos irmáns hospitalarios.
'''Xoán de Deus''', nado en Montemor [[Portugal]] o 8 de marzo [[1495]] (algúns consideran que foi en [[Toledo]]) e finado o 5 de marzo de [[1550]], foi o inspirador da [[Orde dos irmáns hospitalarios]].


==Traxectoria==
==Traxectoria==
Liña 11: Liña 11:
==Significación==
==Significación==
Foi beatificado en [[1630]] por [[Urbano VIII]] e canonizado en [[1691]] por [[Alexandre VIII, papa|Alexandre VIII]]. Está considerado pola [[Igrexa Católica]] patrón dos enfermos mentais e dos enfermeiros e da cidade de Granada. Os seus seguidores fundaron a Orde dos irmáns hospitalarios que leva o seu nome e está presente nos cinco continentes.
Foi beatificado en [[1630]] por [[Urbano VIII]] e canonizado en [[1691]] por [[Alexandre VIII, papa|Alexandre VIII]]. Está considerado pola [[Igrexa Católica]] patrón dos enfermos mentais e dos enfermeiros e da cidade de Granada. Os seus seguidores fundaron a Orde dos irmáns hospitalarios que leva o seu nome e está presente nos cinco continentes.



{{sen referencias}}
{{sen referencias}}

Revisión como estaba o 25 de outubro de 2015 ás 10:52

Estatua de Xoán de Deus en Vilar de Frades, Barcelos, Portugal.

Xoán de Deus, nado en Montemor Portugal o 8 de marzo 1495 (algúns consideran que foi en Toledo) e finado o 5 de marzo de 1550, foi o inspirador da Orde dos irmáns hospitalarios.

Traxectoria

Foi pastor, soldado nos exércitos de Carlos V e vendedor ambulante de libros. A predicación de Xoán de Ávila provocou nel unha súpeta conversión, entregou todos os seus bens aos pobres e, como penitencia, fíxose o tolo ata o punto de que foi internado nun manicomio onde foi torturado e vexado. Alí instaba aos coidadores a que tiveran maior suavidade cos enfermos mentais.

Xoán de Ávila conminoulle a que deixara esa penitencia. Unha vez liberado, adicou a súa vida ao coidado de enfermos, nenos da rúa, anciáns abandonados e prostitutas, aínda que a súa dedicación especial foi aos enfermos mentais, aplicando métodos de trato humano e comprensión que tiveron moito éxito.

Enfermo de artrite, a súa doenza agravouse debido a que, nunha ocasión, botouse ás augas xeadas do río para salvar a vida dun colaborador. Enfermo e impedido, morreu aos 55 anos de idade.

Significación

Foi beatificado en 1630 por Urbano VIII e canonizado en 1691 por Alexandre VIII. Está considerado pola Igrexa Católica patrón dos enfermos mentais e dos enfermeiros e da cidade de Granada. Os seus seguidores fundaron a Orde dos irmáns hospitalarios que leva o seu nome e está presente nos cinco continentes.