Transilvanians: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 16: Liña 16:
==Compoñentes==
==Compoñentes==


*Javier Vicente - Guitarra.
*Doctor C - Guitarra.
*Nestor Meizoso - Baixo.
*Nestor Meizoso - Baixo.
*Xabi Vieitez - Piano & Hammond.
*Xabi Vieitez - Piano & Hammond.

Revisión como estaba o 8 de xullo de 2014 ás 23:00

Transilvanians formanse no ano 2004 na cidade de Vigo. A banda está composta por músicos experimentados de outras bandas da escea viguesa de estilos moi díspares, e o que os leva a unirse e a paixón que sinten por estilos de música negra coma o Soul, Funk, R&B e moi especialmente polo Ska, Rocksteady e o Early Reggae Jamaicanos. O seu repertorio está formado por composicións propias e por versións de grupos coma The Skatalites, The Clash, Georgie Fame ou The Melodians.

No ano 2006 gravan de forma analóxica cinco cancións nos estudios Muu! de Vigo, editadas no nadal de ese mesmo ano en formato CD/EP polo selo El Ejecutor Records, esta gravación chamase Transilvanians. Participan tamén na edición de A polo ghit coa canción "Kingston Town / Santiago DC" quedando entre os primeiros postos do concurso.

Despois da súa participación no disco tributo a Potato, e tras tocar en directo durante o ano 2009, gravan diversos temas en Studio Juan, editados en dous traballos durante o 2010, un sinxelo en formato 7" editado por Liquidator Music chamado The Vault Of.., e o seu primeiro longa duración: Vampire Lover, editado polo seu propio selo ZombieJ Records.

Durante o 2011/2012 participan nos tributos a Skacha e Os Resentidos e comezan unha nova singladura acompañando como banda de directo a Roy Ellis a.k.a. Mr. Symarip, tocando por boa parte do territorio estatal e por outros paises como Alemaña ou Portugal, gravando tamén este último ano o novo disco de esta lenda do Reggae. You Can't Leave Now, un sínxelo onde regravan duas vellas cancións dos anos 60's compostas por este gran artista.

No 2013 editan un novo EP chamado Kings Of Catacomb Reggay e fan a súa primeira xira europea por Alemaña e Bélxica.


Compoñentes

  • Doctor C - Guitarra.
  • Nestor Meizoso - Baixo.
  • Xabi Vieitez - Piano & Hammond.
  • Kino "Little Cobra" - Batería e voces.
  • Antonio Rodríguez - Trombón, voces e percusión.
  • Javier Marcos - Voz e percusión.
  • Pedro Fariñas - Saxos e percusión.

Discografía

  • Kings Of Catacomb Reggay EP 7" (Liquidator Music, 2013)
  • Roy Ellis meets Transilvanians - You Can't Leave Now SG 7" (Liquidator Music, 2012)
  • Vampire Lover CD - (Zombie J Records, 2010)
  • The Vault Of.. SG 7" - (Liquidator Music, 2010)
  • Transilvanians CD/EP 7" - (Ejecutor Records/Zombie J Records, 2006)

Véxase tamén

Ligazóns externas