Ramón Abilleira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m Xas moveu a páxina "Ramón Abilleira Piñeiro" a "Ramón Abilleira": Nome máis coñecido
Xas (conversa | contribucións)
m completo info e referencias
Liña 2: Liña 2:


==Traxectoria==
==Traxectoria==
Presidente da Sociedad de Agricultores de Lérez. Presidiu on mitin que tivo lugar en Pontevedra o [[11 de febreiro]] de [[1908]] no que se consistiu oficialmente o [[Directorio Antiforista de Teis]]. Foi concelleiro en Pontevedra en [[1913]]. Na [[Segunda República Española|Segunda República]] volveu ser nomeado concelleiro de Pontevedra en xaneiro de 1936, na corporación presidida por [[Tomás Abeigón Pazos]].
Presidente da Sociedad de Agricultores de Lérez. Distinguiuse nas loitas agrarias e participou activamente na campaña antiforal. En [[1907]] interveu no mitin e na Asemblea Antiforal de Vigo, onde tomou corpo o movemento dos antiforistas. Tomou parte como orador no acto para defender o abolicionismo. Presidiu o mitin que tivo lugar en Pontevedra o [[11 de febreiro]] de [[1908]] no que se consistiu oficialmente o [[Directorio Antiforista de Teis]]. Volveu presidir outra reunión en outubro dese mesmo ano para constituír o comité provincial da Federación Agraria de Pontevedra. En [[1909]] participou, como orador, nas reunións antiforistas de [[Redondela]], [[Baión, Vilanova de Arousa|Baión]] e [[Vilaboa]]. Presentouse como agrario ás eleccións municipais de [[1911]] polo distrito de Lérez e resultou derrotado por moi escasa marxe. Radicalizada a loita agraria, a familia Abilleira foi acusada de intervención en axitacións específicas como a corta de cepas en 1914, sen que se puidera demostrar. Volveu presentarse ás municipais en [[1917]], pero tampouco foi elixido. Na [[Segunda República Española|Segunda República]] volveu ser nomeado concelleiro e 5º tenente-alcalde de Pontevedra en xaneiro de 1936, na corporación presidida por [[Tomás Abeigón Pazos]]<ref>''[[El País (1932)|El País]]'', 8-1-1936, p. 2.</ref>.

==Véxase tamén==
{{referencias}}

==Véxase tamén==
===Bibliografía===
*ABILLEIRA, Ramón na [[GEG]]


{{ORDENAR:Abilleira Pinneiro, Ramon}}
{{ORDENAR:Abilleira Pinneiro, Ramon}}

Revisión como estaba o 22 de xuño de 2014 ás 22:20

Ramón Abilleira Piñeiro foi un agrarista galego.

Traxectoria

Presidente da Sociedad de Agricultores de Lérez. Distinguiuse nas loitas agrarias e participou activamente na campaña antiforal. En 1907 interveu no mitin e na Asemblea Antiforal de Vigo, onde tomou corpo o movemento dos antiforistas. Tomou parte como orador no acto para defender o abolicionismo. Presidiu o mitin que tivo lugar en Pontevedra o 11 de febreiro de 1908 no que se consistiu oficialmente o Directorio Antiforista de Teis. Volveu presidir outra reunión en outubro dese mesmo ano para constituír o comité provincial da Federación Agraria de Pontevedra. En 1909 participou, como orador, nas reunións antiforistas de Redondela, Baión e Vilaboa. Presentouse como agrario ás eleccións municipais de 1911 polo distrito de Lérez e resultou derrotado por moi escasa marxe. Radicalizada a loita agraria, a familia Abilleira foi acusada de intervención en axitacións específicas como a corta de cepas en 1914, sen que se puidera demostrar. Volveu presentarse ás municipais en 1917, pero tampouco foi elixido. Na Segunda República volveu ser nomeado concelleiro e 5º tenente-alcalde de Pontevedra en xaneiro de 1936, na corporación presidida por Tomás Abeigón Pazos[1].

Véxase tamén

  1. El País, 8-1-1936, p. 2.

Véxase tamén

Bibliografía

  • ABILLEIRA, Ramón na GEG